jueves, 9 de agosto de 2007

San Cibrán (Ciprian de Cartago).


San Ciprián de Cartago é un dos máis importantes pais da iglesia africana.
Nado no ano 200 en Cartado(Africa), converteuse ó cristianiamo cando era maior de 40 anos . A sua maior inspiracion foi un sacerdote chamado Cecilio. Unha vez bautizado descubriu a forza do espírito santo que o capacitou para ser un home novo consagrado ó celibato.
Tivo un grande aprecio polo estudio das sagradas escrituras polo que renunciou a libros mundanos dos que antes lle resultaban de agrado.

Foi ordenado bispo por aclamación popular no ano 248, o morrer o bispo de Cartago. Quíxose resistir pero recoñeceu que deus chamábao. Foi un grande mestre e predicador.

No ano 251, o emperador Decio decretou persecución contra o cristianismo, sobre todo contra bispos e libros sagrados. Moitos dos cristiáns ofrecen incienso ós deuses para evita-la morte pero isto representa caer en apostasía.


Cipriano escóndese pero non deixa de governar, enviando frecuentes cartas os crentes para que non apostaten. Canco rematou a persecución voltou á cidade e opuxose a que os que apostataran voltasen á igrexa e os sacramentos sen cumprir penitencia.
No ano 252, Cartago sofre unha peste de tifo e morren centos de cristiáns. O bispo Cipriano organiza a axuda para os que sobreviven e predica a limosna co exemplo vendendo as súsas posesións.

No ano 257 o emperador Valeriano decreta outra persecución ainda máis intensa contra todo cristián, tendo os bispos e cregos pena de morte por celebraren ceremonias relixiosas. Nese mesmo ano decretan o desterro de Cipriano, pero como segue celebrando misa é condenado a morte no ano 258. Ofreceuselle a posibilidade de salvación rendindo sacrificios ós deuses romanos pero ó negarse cumpriron a sentencia de decapitación con espada.

Unha grande multitude seguiuno ata o lugar de martirio e cando chegaron, Cipriano mandou regalar 25 moedas de ouro ó verdugo que lle ía corta-la cabeza. Os fieis colocaron sabanas brancas para recolle-lo sangue e levalo coma reliquias.

O santo bispo vendou él os ollos e arrodillouse para que o verdugo lle cortase a cabeza. Os cristiáns levaron esa noite o seu corpo en procesión con fachos e cantos para lle dar sepultura.

Poucos días máis tarde o xuiz que o sentenciar morreu repentinamente e o emperador que ordenou a súa persecución foi prendido polos seus inimigos na guerra en Persia e viviu como prisioneiro escravo ata morrer.

Festividade.
16 de setembro.

Fontes

http://es.wikipedia.org/wiki/Cipriano_de_Cartago

www.corazones.org/santos/cipriano.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario