jueves, 9 de agosto de 2007

San Brais de Sebaste.



Nado en Sebaste (actual Sivas), en Capadocia (Turquía) na segunda metade do século III. Era armenio, pertencente a unha familia acaudalada. De pais nobres, foi educado cristianamente. Consagrouse como bispo sendo moi novo.

Segundo a tradición, era coñecido polo seu don de curación milagrosa, que aplicaba tanto a persoas como animais. Salvou a vida dun meniño que afogaba cunha espiña de peixe que tiña na gorxa. Esta podería ser a orixe da tradición de bendecir as gorxas o día da súa festividade.

O cristianismo estaba baixo persecución en tempos de Diocleciano e os seus seguidores polo que o sabio, médico e bispo Brais viuse obrigado a refuxiarse nas montañas vivindo nunha cova. Ata esa cova achegábanse os animais feridos ou enfermos para que os curase. Un día viu que se achegaban cazadores do goberno que viñan capturar feras para o circo. Entón, Brais espantounas para non seren víctimas da cacería.



Os cazadores levárono preso en vinganza. A sua chegada a cidade foi aclamado por toda a xente pois, ainda os que non todos eran cristiáns sabían das súas bondades. Xulgaselle por blasfemo e ofreceselle oportunidade de salvarse da morte derramando incienso na pira destinada o culto dos deuses pagáns . Como se resiste, apaléano, colgano dun madeiro e rastrillan o seu corpo con garfios de ferro sen que desista da súa fe. Foi finalmente decapitado (ano 316).

O seu culto extendeuse por oriente e con posterioridade hacia occidente. Tivo gran importancia durante a Idade Media sobre todo en Italia. En Armenia chegou a existir unha orde militar de San Brais.



Era patrón dos cazadores e invocávano como protector do gando, ainda que trascendeu máis como protector frente ós males da gorxa.

Fontes:


http://www.ewtn.com/spanish/saints/Blas_Oscar.htm

http://www.abanto.es/festividades/sanblas/historia.html

http://www.parroquiasannicolas.com.ar/san_blas.htm

http://www.santopedia.com/santos/san-blas/

No hay comentarios:

Publicar un comentario