jueves, 9 de agosto de 2007

Virxe do Rosario

A nosa señora do rosario ou virxe do rosario é unha advocación mariana venerada na igrexa católica que celebra o 7 de outubro a festa da Benaventurada Virxe do Santísimo Rosario.

A virxe aparecéuselle en 1208 a santo Domingo de Guzmán nunha capela do monasterio de Prouilhe (Francia) cun rosario na man, ensinoulle a rezalo e mandoulle predicalo entre os homes. Ademáis ofreceulle promesas referentes ó rosario. O santo ensinoullo ós soldados liderados polo seu amigo Simón IV de Montfort antes da batalla de Muret, da cal se atribuiu a virtoria a virxe. Por iso en Montfort se construiu a primeira capela adicada a esta advocación.

No século XVI, san Pío V instaurou a súa data o 7 de outubro, aniversario da Batalla de Lepanto (atribuida á imaxe), denominándoa Nosa Señora das Victorias. Ademáis engadiu á letanía da virxe o tirulo de auxilio dos cristiáns. Seu sucesor, Gregorio XIII, cambio o nome da súa festividade ó de Nosa Señora do Rosario.

Como anécdotas, tanto a Virxe de Lourdes con a de Fátima, nas súas aparicións pediron as testemuñas que rezaran o rosario.

Historia do Rosario

Dende os inicios da igrexa, os cristiáns rezaban os salmos como facían os xudíos. Máis tarde, en moitos dos mosteiros rezanse os 150 salmos cada día. Os laicos devotos non podían rezar tanto pero querían, na medida das súas posibilidades imitar os monxes. Xa no século IX había en Irlanda o costume de facer nós nun cordel para contar, en lugar dos salmos, os Ave Marías. Os misioneiros irlandeses extenderon ese costume por Europa que tivo diferentes evolucións.

Fontes:
www.wikipedia.org
www.corazones.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario