jueves, 9 de agosto de 2007

San Mateo

Tamén coñecido como Leví. Segundo a etimoloxía procede do grego mathaios, do arameo mattai, é unha forma corta do hebreo mattanyah, que significa "regalo de Yahvé".

É un dos doce apostoles, autor do primeiro evanxeo.

Naceu en Cafarnaún, e cando Xesús o chamou, exercía o oficio de recadador de impostos. Escribiu o evanxeo en arameo e segundo a tradición predicou en oriente.

A san Mateo menciónaselle tamén como Leví, ambos nomes son de orixe xudea. O último obtivoo antes da sua conversion, o outro tomouno despois, para mostrala renuncia á súa profesión e que era un homen novo. Fillo de Alfeo, viviu en Cafarnaúnm e no lago de Galilea.

Foi de profesión publicano, ou recadador de impostos romano. Entre os xudeos os máis infames e odiosos porque eran vistos como inimigos do seu privilexio de liberdede natural que deus lles otorgara; e como persoas manchadas pola súa conversación frecuente e asociación cos pagáns, ademáis da esclavización sobre os seus compatriotas. Os xudeos aborrecíanos universalmente, vían as súas propiedades e diñeiro como fortunas de ladróns. Prohibíronlles a comunión e participaciñon en actividades relixiosas, eventos sociais e comercio.
A súa labor consistía en cobrar peaxe os que pasaban polo Tiberíades ou Genesareth. Xesús chamouno e invitouno a seguilo. Deixouno todo, ese mesmo día fixo unha festa a que asistiron Xesús e os seus discípulos.

Menciónaselle nos feitos dos apóstoles (Hechos 1, 13) ainda que apenas se ofrece información sobre el. Tamén é dos poucos discípulos mencionados polo seu nome no evanxeo de Tomás.

Segundo Eusebio de Cesarea, predicou durante quince anos en Xudea, onde escribiu o seu evanxeo hacia o ano oitenta. Segundo Rufino, despois marchou a Etiopía.

Algunhas tradicións afirman que foi martirizado en Etiopía. En cambio, dacordo con Epifanio de Salamis, bispo de Chpre, Mateo morreo e HIerápolis (en Partía) e que sufriu martirio en Etiopia debeu ser Matías, o sustituto de Xudas Iscariote.

Mateo foi considerado santo por todalas confesións cristiáns que admiten esta distinción, A igrexa catoólica celetra a súa festa o 21 de setembro e a ortodoxa o 16. Segundo a tradición os seu restos conservanse en Salerno (Italia).

Algúns antiguos autores cristiáns consideraton a Mateo autor do primeiro evanxelio, escrito en arameo, língua vernáculao de palestina do século I, de cuia traducción ó grego sería o texto coñecido como evanxeo de Mateo. O primitivo orixinal semítico está perdido ainda que varios autores primitivos o citan. Pareceu basarse nos ditos de Xesús e foi usado por Mateo para a súa propia predicación. A igrexa utilizou con caracter oficial canónico o novo texto grego, aparentemente traducido polo mesmo Mateo.

O obxectivo do evanxeo está claro dende a sua redacción orixinal; demostrar ós xudeos que en Xesús cumprense tódalas profecías do antigo testamento relativas ó mesías.

Festividade
Réndeselle homenaxe o 21 de setembro.
Patrón de banqueiros, contables e forzas de seguridade.

Fontes
www.wikipedia.org
www.corazones.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario