jueves, 9 de agosto de 2007

San Francisco

p>Francisco de Asís



Nado en Asís, Italia, o 5 de xullo de 1182, morto o 3 de outubro de 1226.

Foi un santo italiano, diácono, fundador da orde franciscana e da orde das irmás clarisas, ambas xurdidas baixo a autoridade da igrexa católica durante a idade media, ó contrario que outras ordes que foron consideradas herexes coma a dos cátaros. De ser fillo dun rico comerciante da cidade nos anos mozos pasou a vivir baixo a máis estricta pobreza e observancia dos evanxeos. En Exipto intentou infructuosamente a conversión dos musulmáns ó cristianismo.

A súa vida relixiosa foi austera e sinxela, animaba ó seus seguidores a facer o mesmo. É o primeiro caso coñecido na historia de estigmatizacións externas e visibles. Foi canonizado pola igrexa católica en 1228, e s aúa festividade celébrase o 4 de outubro.

Contexto histórico.



No século XII producíronse cambios transcendentais na sociedade: escomezaron as Cruzadas e o incremento demografico, a afluencia do ouro, entre outros motivos influiron notablemente no incremento do comercio e o desenvolvemento das cidades. A economía tiña base funcamental no campo que se rexia polo modo de producción feudal, peo os excedentes de producción canalizábanse con maior dinamismo que na Alta Idade Medeia. A nobreza e o clero, como estamentos privilexiados eran dominantes pero xurde unha nova clase de burgueses (os habitantes do burgo ou cidades formada por comerciantes e artesáns fundamentalmente) ten posibilidade de ascenso social. A igrexa tamén se ve influida pola nova riqueza e logo foi criticada por se preocupar máis do crecemento patrimonial e das relacións políticas de conveniencia que polo crecemento espiritual.

Xurdiron movementos relixiosos en rexeite da opulencia mostrada pola xerarquía eclesiástica da época ou que se adicaron a vivir en pobreza e dacordo cos evanxeos. Algúns destes movementos creceron fora da institución eclesiástica. Foron condenados por consideralos herexes. Os cátaros, por exemplo, rexeitaban os sacramentos, as imaxes e a cruz. Outras organizacións como a creada por san Francisco, nacero baixo a sumisión á autoridade católica e foron coñecidos como "monxes mendicantes". Este movemento conseguiu que a igrexa se arredara da opulencia, vicio ó que voltou no século XIV.



Vida.

Naceu baixo o nome de Giovanni. Seus pais foron Pedro Bernadone dei Moriconi e Donna Pica Bourlemont, provenzal; tivo polo menos un irmán máis, de nome Angelo. Su pai era un próspero comerciante de téxtis que formaba parte da burguesía de Asís e que viaxaba constantemente a Francia ás feiras. Isto, xunto coa afición do rapaz pola lingua francesa e os cantos dos trovadores é a orixe do seu apodo Francesco ou 'francesiño'.
Francisco recibiu a educación regular da época polo que estudou latín. De novo levou unha vida despreocupada sen reparar en gastos nas correrías cos amigos, nin en dar pródigas esmolas, como calquera fillo de potentado da época.

A cidade de Asís estaba en conflicto co Sacro Impero por reclamar autonomía. En 1197 libráronse da autoridade xermánica, pero dende 1201 entraron en guerra con Perugia, apoiada polos nobres desterrados de Asís. Na batalla de Ponte San Giovanni, en 1202 foi capturado e estivo cautivo máis dun ano.

En 1205, nunha viaxe a Apulia cando marchaba a pelexar escoitou durante a noite unha voz que o mandaba voltar a Asís. Dende o seu regreso andivo sempre envolto en meditacións solitarias. Escomezou a mostrar desapego polas cuestións e bens terrenais. Despois de moitas meditacións, oracións e reflexións decidiu adicala súa vida á pobreza.

O punto culminante da súa transformación deuse cando conviviu cos leprosos. Adicouse despois á reconstrucción da caplea de San Damián tras ver como un crucifixo desta igrexa lle dicía 'vai e arregla a miña igrexa que está a caer en ruinas'. Entón decidiu vender o cabalo e mercancías que levaba e entregarlle o gañado o sacerdote que llo rexeitou.

Francisco ante a igrexa.

O comportamento de Francisco foi duramente reprendido polo pai, que o encerrou nun calabozo. Cando marchou reclamado polos negocios foi liberado por súa nai. Pedro Bernadone acudiu á autoridade civil para forzalo a presentarse, pero el rehusou facelo argumentando pertenzer á autoridade eclesiástica, non á civil. Tras acudir ó requerimento da iglesia, devolveulle a seu pai o diñeiro e desnudouse ante o tribunal para devolverlle tamén a roupa, proclamando dende enteon a Deus como seu verdadeiro pai. O bispo abrazouno e cubriuno co seu manto.

Comezo da orde.

Non se sabe cantas igrexas rehabilitou, pero foi na capela de Porciúncula, onde recibiu a revelación da súa misión. Alí escoitou as palabras do evanxeo de Lucas 10, 'Non levedes moedeiro, nin bolsón, nin sandalias, nin paredes a visitar ós coñecidos..'. Dende entón cabiou a actividade rehabilitadoda por unha vida austera e a prédica do evanxeo.

En poucos meses xa tiña once discípulos: Bernardo de Quintavalle, Pedro Catani, Gil, Morico, Bárbaro, Sabatino, Bernardo Vigilante, Juan de San Constanzo, Angelo Tancredo, Felipe e Giovanni da Capella.
Baixo a pobreza que Francisco predicaba e pedía, os frailes facían as labores diarias atendendo leproso e empregandose en faenas humildes e cotiás para mosterios, casas particulares e traballando para granxeiros. Aínda así a necesidade obrigaba a pedir esmola e Francisco afanábase nesta actividade. Comezou tamén a labor evanxélica, polo que aconsellaba os frailes a viaxar de dous en dous.



Aprobación da regla.

Tras varias audiencias co papa, a regla foi aprobada verbalmente tras convencerse de que un home coma Francisco reforzaría á igrexa coa súa imaxe evanxelizadora e de pobreza.
No camiño de volta a Asís el e mailos seus seguidores detivéronse nun lugar chamado Rivo Torto onde consolidaron os pricipios de vida en pobreza, convivindo entre os campesinos locais e atendendo leprosos. Dende entón facíanse chamar irmáns menores ou frailes menores (o nome fundacional da congregación é Odinis Fratrorum Minorum O.F.M.).

Crecemento e expansión.

Dentro do ánimo da época dos viaxes caro o Leste fixo varios intentos de ir a Siria para expandir o evanxeo pero esta empresa resultou frustrada.

Antes de 1215 o número de frailes incrementouse no só en Italia, senón tamén no sur de Francia e nos reinos de España. Viaxaban de dous en dous, convivían coa xente común e establecían ermidas nas aforas das poboacións.

Os estigmas.

En agosto de 1224 fixo unha viaxe ó monte Alvern a 160 quilómetros de Asís, acompañado de Leo, Angelo, Iluminato, Rufino e Masseo a quen puxo a cargo do grupo.
Francisco illouse a meditar a ún saínte da montaña a onde só lle levaban pan e auga. Nunha destas visitas, Leo observou como unha bola de fogo que baixaba do ceo se aproximaba e alonxaba. Francisco oraba para sentila paixón de Xesús e o amor que o impulsou ó sacrificio. Aparecéuselle o nazareno e imprimiulle os sinais da crucifixión nas máns, pés e costado.

Morte.

De retorno a Asís hubo mostras de veneración ó estimatizado. A saude de Francisco empeoraba e sufría constantemente polo sangrado das feridas. Morreu o 3 de outubro de 126 e foi enterrado na basilica de San Francisco.

Fontes:


wikipedia

www.corazones.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario