Igrexa de Lougares
A igrexa de Lougares está adicada a san Fiz (san Félix).
A data de construcción foi 1760 segundo o epígrafe da fachada. Ten unha portada adintelada, recercada de molduras acodadas, flanqueada con pilastras caixeadas, friso, frontón semicircular roto e en medio hornacina encarcada con pilastras caixeadas. Ós lados, ventanas derramadas recercadas de moldura plana. Remata o campanario de dous corpos con balaustrada, fachada flanqueada por pilastras caixeadas con pináculos. Muros laterais con tres contrafuertes. Tanto o cruceiro como o ábside van enmarcados con pilastras coroadas conpináculos. A sacristía está no lado sure aa cabeceira destaca en altura con escudo. No interior, capilla abocedada con crucerá de unha clave, cruceiro igual e arco triunfal de medio punto. A nave é de catro tramos.
Arredor da igrexa está o cemiterio e ó seu carón sitúase o campo da festa.
Viacrucis do adro
O viacrucis de Lougares está formado por sete cruces baixas situadas sobres os muros que rodean o adro parroquial e o cemiterio.
Primeira cruz
Situada na parte esquerda da igrexa, a carón do peto de ánimas. Ten sección octognoal coas arestas rebicadas e os remates en forma de cadrado.
Segunda cruz
Situada sobre o muro, perto dun mausoleo. Ten sección rectangular coas esquinas rebaixadas e os extremos rematados en cadrados.
Terceira cruz
Atópase diante da igrexa, baixo unha árbore. De forma rectangular e coas arestas rebaixadas, acabados os extremos en cadrado.
Cuarta cruz
Presenta sección rectangular coas arestas rebaixadas. Acada os 1,12 m de altura namentres que as demáis do conxunto están aredor dos 0.65m.
Quinta cruz
De sección rectangular, coas arestas rebaixadas e os extremos rematados en forma de cadrado.
Sexta cruz
De sección rectangular, coas arestas rebaixadas e os extremos rematados en forma de cadrado.
Séptima cruz
De sección rectangular, coas arestas rebaixadas e os extremos rematados en forma de cadrado.
Cruceiro da igrexa
Posúe tres chanzos sobre os que se sitúa unha base cúbica que sustenta a vara, cilíndrica lisa e sen figuras. O capitel ten catro lados curvos adobiado por espirais e unha ringleira de follas. A cruz tamén é cilíndrica con vultos que semellan nós da madeira. Polo anverso figuras de cristo crucificado coas máns abertas con pé dereito sobre o esquerdo. No reverso imaxe dunha virxe de pé sobre a cabeza dun anxo. Está coas máns cruzadas sobre o peito e leva a cabeza cuberta con manto.
Cruceiro do Couto
Érguese nunha pequena praza no barrio do Couto, nunha encrucillada.presenta tres chanzos, o superior con viseira, base cúbica, adobiada por diante cunha caveira, pola banda dereita e a traseira tibias e un lagarto na parte esquerda. Varal cuadrangular no seu inicio, posteriormente con estrías en dous tramos sendo máis apretadas no primeiro. Capitel de catro lados curvos adornado con cabezas de anxo con ás na parte media. Cruz cuadrangular lisa con figuras de cristo e virxe. O cristo crucificado, coa cabeza caida sobre o hombreiro, brazos en ángulo e mans semipechadas, nó a esquerda e pe dereito sobre o esquerdo. A virxe está de pé, cuberta cun manto dende a cabeza ata os pes, en posición de oración coas mans unidas sobre o peito.
O ano de construcción sería 1607 segundo figura no epígrafe de doazón.
Peto de ánimas
Atópase encaixado no lado dereito muro que rodea o adro da igrexa parroquial. Situado nunha encrucillada.
Coroado de antigo por unha cruz da que so posúe a base na actualidade é de tipo pechado. Amosa unha caveira sobre tibias cruzadas. A parte superior é de forma circular adornada cunha serie de botóns que seguen o rebordo do tellado. Caixón estragado, sen tapa de ferro e fornelo sen reixa. Carece de retablo.
Peto de ánimas das Pitacias
Atópase encaixado na fachada dunha casa coñecida como casa das Pitacias, no barrio do Couto.
Ten dúas pedras situadas en diagonal a modo de tellado a dúas augas na parte superior, fornelo arqueado e mesa que sobresae para albergar peto de esmolas (hoxe en día sen tapa). Posúe un retablo de madeira en forma de táboa lisa, en mal estado de conservación. Aparece pintado na parte central, unha cruz cun cristo.
Peto de ánimas de Cabirtallo
Ocupa unha posición de encrucillada na beira esquerda da caretera que baixa dende Meirol a Lougares, no barrio de Cabirtallo.
Trátase dun peto de tipo aberto, antes coroado por unha cruz de pedra da que só queda a base. Carece de fornelo; o retablo é de 30 pezas de azulexo en tonos azuis situado entre dúas columnas. Representa unha virxe co fillo morto en brazos, á dereita san Xosé con meniño no colo (padroeiro da boa morte) e á esquerda san Miguel coa espada e a balanza. Ten diante caixón de esmolas sen tapa.
O ano de construcción é 1866 segundo epígrafe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario