Igrexa de Vilasobroso.
A igrexa parroquial de Vilasobroso está adicada a san Martiño.
O templo está no barrio de Pena, rodeado por un recinto cercado, afastado do cemiterio. Presenta unha soa nave e un ábside lixeiramente máis elevado, tellado a catro augas. A sacristía está pegada á cabeceira, na cara norte.
A fachada, coma o resto destaca pola sobriedade, porta adintelada, espadaña central de doble vano, arcos peraltados e pináculos.
Cruceiro de ánimas da Pena
Situado próximo á igrexa parroquial, no barrio de Pena, en posición de encrucillada.
Sobre tres chanzos, descansa unha pedra en forma cúbica que serve a un tempo de base para o cruceiro e de mesa para o retablo das ánimas.
Cruceiro
O cruceiro ten fuste octogonal con saíntes en forma de nós da madeira. Capitel labrado, con follas e cabezas en tres dos lados; baixo a cruz unha caveira. A cruz é cadrada e ten polo anverso un Cristo e un san Francisco que sostén nas máns o Santo Graal. Por detrás a virxe das Angustias co fillo morto no colo.
Na base, ademáis do epígrafe ("Mandouno facer e pintar pola súa devoción Domingo Lorenzo Paramés. Ano de 1801.") aparecen símbolos da paixón (coroa de espiñas, escada, martelo e cravos).
Retablo
Situado por detrás do cruceiro, ten forma rectangular cun adorno central en forma de bóveda. Está presidido polo espírto Santo que adopta figura de pomba. Por debaixo están san Francisco e un grupo de cinco ánimas entre as lapas do purgatorio.
Cruceiro do castelo de Vilasobroso.
Érguese na parte alta do camiño que conduce cara o castelo, nunha encrucillada de camiños.
Sobre dous chanzos de pedra e base cilíndrica levántase un fuste que semella o toro dunha árbore con avultamentos a modo de pólas podadas. Amosa por diante a imaxe do apóstolo Santiago.
Tiña por diante un Cristo baixo INRI, de mans abertas, co pe dereito cravado sobre o esquerdo. Na parte posterior virxe de pe, sobre pousadoiro de cabeza de anxo, cuberta cun manto e coas mans en posición de oración.
O capitel, de catro lados rectos tiña unha espiral en cada esquina.
Contruido en 1988 segundo epígrafe situado no segundo chanzo.
Cruces na praza de Veigadraga
Situadas anteriormente no outeiro do Calvario, formaban parte dun viacrucis que partía da igrexa parroquial. Na actualidade só se conservan estas dúas situadas nunha praza no lugar de Veigadraga.
Ámbalas dúas son latinas, lisas e monolíticas, rectangulares e sen imaxes. Unha delas ten base troncocónica, as arestas rebaixadas todo ó longo. A outra ten base cúbica semienterrada e as arestas tamén rebaixadas.
Cruces no camiño de Veigadraga
Trátase de dúas cruces rectangulares e monolíticas pero de desigual fisonomía. Unha é grosa, de sección cadrada coas arestas rebaixadas cos extremos dos brazos e testeiro rematados en cadrado. Ésta presenta un epígrafe ó longo do pé. A outra amosa unha cruz en relevo na parte central.
Cruz da capela de santa Lucía.
Situada na chaira da capela de santa Lucía, a carón do vieiro á Franqueira.
Trátase dunha cruz latina formada por dúas pezas: o pé e os brazos co testeiro. O pé parte directamente do chan, sen base, ten sección octogonal agás testeiro e extremos dos brazos que rematan en cadrado.
Cruz alta do Castelo
Sitúase nas abas do outeiro do castelo de Vilasobroso. Tratase dunha cruz da que só se conserva o pé; unha vara de sección octogonal de 1,22 metros de altura. Atópase descabezada polo que carece de brazos e testeiro.
Cruz da Cruxota
Atópase na beira esquerda do camiño que vai cara ó castelo de Sobroso, a pouca distancia do templo parroquial de san Martiño.
Trátase dunha cruz alta, rectangular, lisa, monolítica e sen figuras. Ten sección rectangular e as arestas rebaixadas todo ó longo.
Cruz do cemiterio.
Situada na vía principal do cemiterio, xunto a unha mesa pousadoira.
Ten tous chanzos e base primática que sosteñenunha cruz de mármore branco de sención rectangular, completamente lisa, sen ningún enfeite.
Cruz baixa do castelo
Situada nas abas do monte do castelo por riba dunha fonte.
Cruz latina monolítica, grosa, sen figuras. Fíncase directamente no chan sobre a rocha do outeiro. Presenta un rebaixe central en forma de cadrado onde noutrora había albergar unha lousa, pobablemente de mármore cun epígrafe.
Cruz Alta no lugar da Pena.
Situada a poucos metros da entrada ó recinto do castelo de Vilasobroso, na esquina da que parte o camiño do cemiterio.
Trátase dunha cruz alta, con mesa pousadoira. Os restos están espallados no chan, rodeados e cubertos de silvas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario