Igrexa de Toutón
A Igrexa de Toutón está adicada a san Mateo.
Esta igrexa foi construida en 1711, presenta fachada con torre de dous corpos desprazada a un lado, enmarcada por dúas pilastras, coroada a contraria ó campanario por un pináculo. Na portada ten encaixada a imaxe de pedra. A porta adintelada está flanqueada por dúas pilastras caixeadas co capiteles xónicos que soportan un friso decorado con follas. A sacristía está pegada no muro sur.
Cruceiro xubilar do monte
Atópase no pobo de Festín, a carón da estrada PO-252 que une Moscoxo (Pazos de Borbén) con Mondariz. Trátase dun cruceiro fronteira usado como límite parroquial entre san Mateo de Toutón e san Salvador de Xunqueiras (Pazos de Borbén).
Sobre dous chanzos irregulres de pedra, sobre unha base tronco piramidal levantase o fuste, inicialmente cadrado, octogonal despois, coroado por un falso capitel, constituido do mesmo bloque que a vara, con catro caras planas e moltura central. Cruz octogonal sen figuras rematada en cadrados no resteiro e brazos.
O cruceiro foi edificado en 1601 segunodo o epígrafe.
Cruceiro da igrexa.
Situado a pouca distancia do templo parroquial de san Mateo, entre éste e o torreiro.
Ten tres chanzos. Base cúbica con cadrados rebaixados. O fuste é cilíndrico descendente, liso e longo. Capitel de catro lados curvos con espirais nas esquinas, dobre fila de follas e unha flor central en cada unha das caras. Soporta cruz rectangular latina lisa coas esquinas rebaixadas e figuras en ambas caras. Por diante cristo pegado de catro cravos baixo cartel INRI, mira cara ó chan coa mans abertas, o nó do pano á dereita e perna dereita sobre a esquerda. No reverso virxe das Angustias con fillo morto no colo, sobre pousadoiro de cabeza de anxo.
O ano de construcción foi 1711 segundo o epígrafe inscrito nun dos rebaixes cadrado da base.
Cruceiro do cemiterio
Érguese na ampliación do cemiterio situado á carón do adro da igrexa.
Trátase dun cruceiro de nova factura construido á imaxe do situado diante da igrexa. Levántase sobre un chanzo no que pousa a base cúbica sobre o que descansa varal rectangular con arestas rebaixadas. Capitel de catro lados rectos que soporta cruz latina lisa con imaxes de Cristo crucificado por un lado e virxe das Angustias polo outro.
Foi construido canda o novo cemiterio.
Cruceiro de Leiró
Érguese na parte alta do barrio de Leiró en posición de encrucillada nunha zona elevada sobre o nivel do camiño que se atopa axardinada.
Cruceiro de tres chanzos, con base troncocónica con caveiras gravadas. Fuste cadrangular, falso capitel cadrado que da paso a unha cruz latina lisa de sección cadrangular coas arestas rebaixadas.
Cruceiro pinto.
Situado no barrio de Casco, no lugar de 'O Cruceiro', nun cruce de camiños.
Posúe catro chanzos e base cúbica redondeada na parte superior e gravada con caveiras nas esquinas es tibias cruzadas. Fuste cilíndrico, dobremente estriado no cuarto inferior, cuberto con capitel cadrado con cabezas de anxos. Cruz rectangular latina, lisa con cartel INRI, Cristo de tres cravos con mans semiabertas, nó ó lado dereito e pe dereiro cravado sobre o esquerdo. No reverso virxe das Angustias, sobre pousadoiro en forma de arco de lúa, co fillo no colo.
Cruz do pobre
Situada na beira dun camiño que vai hacia Festín, na Costiña, en Lordelo.
Cruz de sección rectangular coas arestas todo ó longo rebaixadas. Apoiada sobre unha pedra de grandes dimensións que probablemente forme parte do sustrato natural rochoso do monte.
O ano de construcción é 1715 segundo ten gravado.
Lenda da cruz do pobre
Dise que foi erixida neste lugar porque alí finou un pobre de solemnidade que deambulaba por ese camiño. Certamente é unha hipótese pouco probable pois non é común recordar a alguén que non se coñece e está socialmente excluido. Ademáis presenta sinais de lle teren acedido candeas.
Cruz baixa da Periquitiña.
Érguese na beira do camiño que vai dende a igrexa parroquial á capela de san Xoán do Xisto, na ladeira do monte Periquitiña.
Trátase dunha cruz latina lisa monolítica, rectangular na parte inferior e logo coas arestas rebaixadas. Os extremos dos brazos e o testeiro rematan en cadrado.
Peto de ánimas de Leiró
Situado no muro dunha casa antiga nas proximidades do cruceiro de Leiró.
Trátasase dun rebaixe rectangular no muro cunha peza sobresainte na parte inferior. Carece de retablo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario