Simón Pedro
San Pedro naceu en Betsaida, ano 1 a.C. e morreu en Roma, o 29 de xuño do 67 d.C. Coñéceselle como Cefás ou Simón Pedro. Segunfo o novo testamento foi pescador e un dos doce apóstoles discípulo de Xesús. A igrexa católica identifícao, por medio da sucesión apostólica como primeiro dirixente da igrexa, baseándose nas palabras de Xesús: "Ti es Pedro, e sobre esta pedra edificarei a miña igrexa e o poder da morte non prevalecerá contra ela. Dareiche as chaves do reino do ceo. Todo o que ates na terra quedará atado no ceo, e todo o que desates na terra quedará desatado no ceo" (Mt. 16, 18-19).
Orixe.
Case toda a información que se ten de Pedro procede do novo Testamento. Era galileo (Mc 14, 70) 'E Pedro volveu negalo. Despois dun intre os que estaban alí dixeronlle outra vez a Pedro: «É evidente que es un deles, pois eres galileo"». Seu pai chamábase Xonás (Mt 6, 17) «Xesús fálalle como: "Simón fillo de Xonás"».
Segundo a tradición evanxelica, Pedro era un pescador xudío de Galilea. Nacido en Betsaida (Xoán 1, 42-44) un pobo preto do lago Genesaret de ubicación incerta, xeralmente pénsase que no extremo norte do lago. Pescaba xunto seu irmán Andrés con quen tiña un barco.
Simón estableceuse en Cafarnaún, onde vivía coa sogra na sua propia casa (Mt 8, 14; Mc 1, 29-31; Lc 4, 38) no tempo en que Xesús escomezou o ministerio públido. Por ende, Simón era casado e tiña fillos.
Pedro incorporouse como discípulo ó principio do ministerio de Xesús. Segundo o relato de Xoán é Andrés quen incorpora a Pedro ós apóstoles, segundo os outros evanxelistas é Xesús quen os invita a facerse discípulos. Mateo 4, 18-20: «Camiñando pola veira do mar de Galilea mirou a dous irmáns, Simón chamado Pedro e seu irmán Andrés, que botaban a rede no mar, pois eran pescadores e dilles: "Vinde comigo, eu fareivos pescadores de homes." E eles, nun intre, deixaron as redes e seguírono».
Xoán 1, 40-42 « Encontrou primeiro a seu irmán Simón e díxolle. "Encontramos ó mesías. E presentoullo a Xesús . Xesús mirou fixamente a Simón e díxolle: «Ti es Simón, fillo de Xonás, pero chamaraste Kefás» (que quere dicir pedra)"».
Trala morte de Xesús.
Ainda que foi un dos apostoles que negou coñecer a Xesús, tamén emprendeu misións a Lidia, Jaffa e Cesarea. Máis tarde, segundo a tradición católica, trasladouse a Roma, onde foi bispo. Morreu martirizado baixo mandato de Nerón no Circo Vaticano e foi sepultado a pouca distancia do lugar de martirio. Nese lugar mandaría construir a comezos do século IV a gran basílica vaticana o emperador Constantino I, o Grande.
A representación convencional de Pedro presentao coma un anciá, portador das chaves. Entre os seus atributos aparecen o barco (pola sua profesión), o libro e o galo (pola negacion). Ocasionalmente revísteno cos atributos dun bispo ou dun papa, ainda que estas tradicións apareceron moito máis tarde. Nas escenas do martirio represéntano colgado cabeza abaixo.
Festividade.
A igrexa católica honra a memoria deste santo o 29 de xuño.
Fontes
www.wikipedia.org
www.corazones.org
www.biografiasyvidas.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario