San Sebastián foi soldado do exército romano e do emperador Diocleciano, quen descoñecendo que era cristián chegou a nombralo xefe da primeira corte da garda pretoriana imperial.
Vida e Lenda.Naceu en Narbona (Francia) ano 256, pero educouse en Milán. Cumpría coa disciplina militar, pero non participaba nos sacrificios de idolatría. Como bo cristián exercitaba o apostolado entre os seus compañeiros, visitaba e alentaba ós cristiáns encarcelados por motivos relixiosas. Foi denunciado ó emperador Maximiano, que o obrigou a escoller entre ser soldado seu ou seguir a Cristo.
O santo escolleu a milicia de Cristo. Decepcionado, o emperador ameazouno de morte pero Sebastián mantivose firme na fé. Enfurecido Maximiano condenouno a morrer aseteado. Os soldados do emperador levárono ó estadio, desnudárono, atárono a un poste e lanzáronlle unha choiva de frechas dándoo por morto. Porén, seus amigos, ó velo ainda con vida, levárono á casa dunha nobre cristián chamada Irene que o mantivo con vida e o curou das feridas ata quedar restablecido.
Recomendáronlle ausentarse de Roma pero Sebastián negouse. Presentouse ante o emperador e recriminoulle a persecución dos cristiáns. Maximiano mandouno azoutar ata que morrera e desta vez os soldaron cumpriron sen erros a mision e tiraron o corpo nun lodazal de onde foi recollido polos cristiáns que o enterraron nun cemiterio subterráneo da Via Apia romana, hoxe coñecido como catacumba de san Sebastián. Morreu no ano 288.
Culto.
O culto a san Sebastián é moi antigo, é invocado contra a peste e os inimigos da relixión. Chámaselle o apolo cristián porque é dos máis representados no arte en xeral. A súa festividade celébrase o 20 de xaneiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario