Salvador de Horta
Biografía:
Naceu en Santa Coloma de Farnés (Girona) en decembro de 1520. De nome Salvador Pladevall i Bien, no hospital da vila onde seus pais eran servos.
En 1534 quedou horfo e trasladouse a Barcelona onde exerceu varios oficios (entre eles o de zapateiro) para mantérense el e maila súa irmá Blasa. Ó casárese a irmá Salvador puido adicarse á vida relixiosa. Trala estancia no monasterio benedictino de Monserrat entrou no convento franciscano onde tomou o nome de frai Salvador. En 1542 ordeouse sacerdote.
Foi enviado de convento en convento realizando as actividades máis humildes. Constantemente recibía visitas de peregrinos xa que tiña fama de obrar miragres. Esta fama de Salvador incomodava ós cofrades e superiores e motivou varios dos seus traslados. Incluso lle valeu un proceso da inquisición do que foi absolto dos cargos e non recibiu castigo.
O seu último destino foi o convento de Santa María de Xesús en Cagliari (Cerdeña) a onde chegou en 1565. Alí foi cociñeiro e seguiu obrando prodixios e miragres. Morreu aquí o 18 de marzo de 1567-
Canonización e culto
Fray Salvador de Horta foi beatificado baixo petición de Felipe III o 15 de febreiro de 1606 polo papa Pablo V. O 17 de abril de 1938 foi canonizado por Pío XI.
As reliquias do santo conserváronse inicialmente no convento de Santa María de Xesús en Cagliari, onde morreu en 1607. Posteriormente foron trasladadas á igrexa de San Mauro e dende alí, en 1758 á igrexa de Santa Rosalía de Cagliari, principal santuario de San Salvador.
Miragre da nena muda
Unha das miragres máis recoñecidas, fala dun matrimonio ido dende Castela ata Horta de Sant Joan a pedirlle que curase á súa filla sordomuda de nacemento. O Fraile curouna e escomezou a falar. Comentáronlle os páis ó fraile que non a entendían, pois só falaba en catalán. A súa resposta foi que a rapaza falaba catalán porque se atopaba en cataluña, pero en canto voltasen á sua rexión de orixe falaría castelán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario