Igrexa de Frades
O templo parroquial de Frades está adicado a san Martiño
A capela ten planta rectangular, fachada con arco de medio punto moldurada con remate de cruz de pedra no piñón. Os muros laterales son lisos con cornisa moldurada e curberta a dúas augas.
A igrexa ten porta adintelada, ventana rectangular con derrame exterior. Espadaña central de doble bano con recortes de placas no arranque.
A sacristía está adosada ó muro sur. A capela maior é máis alta e ancha que a nave e cóbrese cunha bóveda de crucería de unha clave. O resto da nave, con bóveda de canón con arcos faxóns de medio punto sobre ménsulas está dividido en tres tramos.
O viacrucis:
Está composto por cruces de feitura e tamaños distintos. Poida que inicialmente estivese constituido por cruces de sección octogonal e un tamaño de 92 cm. de altura.
Primeira cruz
Situada no muro lateral dereito da igrexa. Ten sección octogonal e na cara que da ó interior do adro, presenta gravada outra cruz.
Segunda cruz
Érguese sobre o muro, na banda dereita da igrexa. Presenta sección rectangular coas arestas rebaixadas e co pe máis ancho que a base.
Terceira cruz
Tamén sobre o muro, na banda dereita e a curta distancia da segunda. É de menor tamaño que as demáis. Presenta sección octogonal.
Cuarta cruz
Sobre o muro, na esquina do mesmo, case que tapada por un nicho do cemiterio. Presenta base cuadrangular da que parte o corpo da cruz, todo él en sección octogonal.
Quinta cruz
Érguese na parte dianteira da igrexa, sobre o respaldo do banco corrido que separa o adro da ampliación do cemiterio. De sección octogonal ten unha altura de 92 cm e un diámetro de 61 cm.
Sexta cruz
Situada sobre o respaldo do banco corrido que está diante da igrexa. Presenta sección octogonal cos traveseiros moi curtos quizáis por rotura dos extremos dos brazos.
Cruceiro da igrexa
Ten un chanzo que serve de alicerce á base cilíndrica con varias molduras por riba que derden diámetro. Vara de sección circular, lisa e sen figuras, coroada por un capitel de catro lados curvos con cabeciñas de anxo na metade de cada un, afastadas por espirais nas esquinas e por unha ringleira inferior de follas. Cruz octogonal cos exremos acabados en cadrado, lisa e con figuras tanto no anverso coma no reverso. Así, nun lado vese un cristo de tres cravos baixo carteleira de INRI, coas mans abertas, ó no do pano á sua dereita o pé deste ladoagochando o esquerdo. Polo reverso, imaxe da virxe das angustiassobre cabeza de anxo con ás, co fillo morto no colo. A cabeza do fillo á esquerda na nai e os pés á dereita. Conserva ainda as cores esvaecidas nas imaxes, o capitel e a base.
O ano de construcción é 1785 segundo rexe lenda inscrita na base.
Cruceiro de san Pedro
Érguese nunha encrucillada, no barrio de Piñoi, xunto á fonte. Foi desplazado ata esta ubicación en 1999, dende un camiño próximo.
Cruceiro sinxero que carece de chanzos. O alicerce é unha base cúbia coas aresas superiores rebaixadas. Implántase nela unha vara octogonal que se coroa por un cpitel de catro lados rectos, adobiados por unha moldura. Cruz octogonal, lisa e sen figuras.
Cruz baixa de Piñoi
Situada enriba dun valado, no barrio de Piñoi, a uns 50 m. do cruceiro, no mesmo camiño que vai cara a igrexa de san Martiño.
Está formado por unha cruz latina monolítica, lisa, rectangular e sen figuras, algo bicuda. Ten 1,13 m de alto e os lados miden 23 e 13 cn respectivamente.
Cruz baixa da Portela.
Situada sobre o muro dunha finca no lugar da Portela, na entrada cara ó barrio da Portela da Bouza.
Trátase dunha cruz baixa de pedra, latina, lisa, monolítica, sen figuras e de sección rectangularpero coas arestas rebaixadas todo ó longo. Ten 67 cm de alto e unha envergadura de 40 cm.
No hay comentarios:
Publicar un comentario