Marta era irmá de María e de Lázaro, vivía en Betania un pobo distante 4 quilómetros de Xerúsalén cerca do monte dos olivos.
Xesús vivía en Galilea pero cando visitaba Xerusalén hospedábase na casa destes tres discípulos en Betania, que tal vez mudaran a súa asa de Galilea pola de Xudea. Marta esforzouse en servirlle o mellor que puido e, máis tarde coas súas oracións imploroulle a resurrección de seu irmán.
Lucas (Lc 10, 38-40) di: "Indo eles de camiño, entrou nun pobo; e unha muller chamada Marta, recibiuno na súa casa. Tiña ela unha irmá chamada Maria, que sentada ós pes do señor escoitaba a súa palabra.."
No capítulo 2 do evanxeo de Xoán que narra o miragre da resurrección de Lázaro fálase tamén de Marta. E aparece tamén nun banquete no que participa Lázaro pouco despois da súa resurrección, como muller ocupada no servicio.
Dos anos seguintes da santa non temos datos históricos, ainda que unha lenda da Provenza afirma que Marta foi con súa irmá a Francia e evanxelizou Tarascón. Alí dise que atoparon, en 1187, as súas pretendidas reliquias que inda hoxe veneran nun santuario.
Festa
Os primeiros en adicarlle unha celebración litúrxica foron os franciscanos en 1262, o 29 de xullo, é dicir, oito días despois da festa de santa María Magdalena, impropiamente identificada coa súa irmá María.
Santa Marta é a patroa dos hostaleiros, porque sabía atender moi ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario