Naceu en Betsaida, población de Galilea situada na beira do lago Genezaret. Era fillo do pescador Jonás e irmán de Simón Pedro. A sagrada escritura non especifica se era maior ou menor. A familia tiña unha casa en Cafarnaún onde se aloxaba Xesús cando predicaba nesa cidade
Foi inicialmente discípulo de Xoán, o bautista. Estaba co seu mestre cando Xoán, depois de bautizar a Xesús exclamou o velo pasar: "He ahí o año de Deus". Andrés recibiu a luz do ceo para comprender esas palabras misteriosas. Inmediatamente el e outro discipulo do bautista seguiron a Xesús, que os perbiu antes cos ollos do espírito antes que velos cos do corpo. Volvéndose díxolles: "¿Qué buscades?" Eles responderon que querían saber onde vivía e Xesús pediulles que o acompañasen á sua morada.
Pasaron con Xesús as dúas hora que qudaban do día. Andrés comprendeu claramente que Xes´s era o mesíase, dende aquel intre, seguiuno. Así pois, foi o primeiro discípulo de Xesús. Por iso os gregos lle chaman "Proclete" (o primeiro en ser chamado). Andrés levou máis tarde ó seu irmán a coñecer a Xesús, que o tomou axiña por discípulo e deulle o nome de Pedro. Dende entón, Andrés e Pedro foron discípulos de Xesús.
Ó principio non o seguían constantemente, pero ían escoitalo sempre que podían e retornaban despois ó carón da súa familia para ocuparse dos seus negocios. Cando o salvador voltou a Galilea, encontrou a Pedro e Andres pescando no lago e chamounos definitivamente ó ministerio apostólico, anunciándolles que faria deles pescadores de homes. Abandonaron inmediatamente as redes e xa non se volveron separar del.
Ó ano seguinte Xesús elixiu ós doce apóstoles; o nome de Andrés figura entre os catro primeiros nas listas dos evanxeos.
Tamén se lle menciona a propósito da multiplicación dos pans e os peixes (Xoán 6, 8-9) e dos xentís que querían ver a Xesús (Xoán 12, 20-22)
Aparte dunhas cuantas palabras de Eusebio, dicindo que San Andrés predicuou en Scitia, e de que certas "actas" apócrifas que mencionan o seu nome foron empregadas polos herexes, todo o que sabemos sobre o santo procede de escritos apócrifos. Porén hai unha curiosa mención de San Andrçes no documento conocido co nome de "Fragmento Muratori", que data de principios do seculo III: "O cuarto evanxeo foi escrito por Xoán, un dos discípulos. Cando os outros discípulos e bispos o apremiaron a que escribise díxolles: «Facede xasún comigo a partir de hoxe durante tres días e despois falaremos sobre a revelación que teñamos, sexa en pro ou en contra». Esa mesma noite foille revelado a Andrés, un dos apóstoles que Xoán debía escribir e que todos debían revisar o que escribise"
Teodoreto conta que Andrés estivo en Grecia; San Gregorio Nazianceno especifica que estivo en Epiro, e San Xerónimo engade que estivo tamén en Acaia. San Filastrio di que do Ponto pasou a Grecia, e que na súa época (seculo IV) os habitantes de Sínope afirmaban que pusuían o retrato auténtico do santo e que conservaban o ambón dende onde predicou na cidade.
Na idade media, era crenza xeralizada que San Andrés estivo en Bizancio, onde deixou como bispo ó seu discípulo Staquis. A orixe desta tradición é un documento falso, nunha época en qeu conviña a Constantinopla atribuirse unha orixe apostólica para non ser menos que Toma, Alexandría e Antioquía. O primeiro bispo de bizancio do que hai constancia histórica foi San Metrófanes, no século IV.
Martirio
O tipo de morte e o lugar desta son tamen incertos. A "pasión" apócrifa di que foi crucificado en Patras de Acaia. Como non foi cravado na cruz senón simplemente atado, poido predicar ó pobo durante dous días antes de morrer. A tradición de que morrreu munha cruz en forma de X non circulou ata o seculo IV.
En tempos do emperador Constancio II (+361), as presuntas reliquias de san Andrés foron trasladadas de Patras á igrexa dos apostoles en Constantinopla. Os cruzados tomaron Constantinopla en 1204, e, poucuo despois as reliquias foron foubadas e trasladadas á catedral de Amalfi, en Italia.
Patronato
San Andrés é patrón de Rusia e Escocia.
Segundo unha tradición que carece de certeza, o santo foi a predicar ata Kiev. Non se afirma que fose tamén a Escocia, pero unha enda que se conserva no Breviaro de Averdeen e nos escritos de Juan de Fordun din que San Régulo, orixinario de Patras, encargouse de trasladar as reliquias do aóstolo no século IV. Recibiu en soños o aviso dun anxo de que debía transportar unha parte das reliquias a un lugar que lle sería indicado máis tarde. De acordo coan intruccións, Régulo dirixiuse ó noroeste, "cara o extremo da terra". O anxo mandouno deter onde hoxe se atopa Sanit Andrews. Régulo construiu alí unha igrexa para as reliquias. Foi elixido primeiro bispo lo lugar e evanxelizou ó pobo durante 30 anos. Probablemente esta lenda data do século VIII.
Festividade
O 9 de maio, celébrase na diócese de Saint Andrews a festa da traslación das reliquias.
Réndeselle homenaxe a San Andrés o 30 de Novembro.
Fontes:
http://es.wikipedia.org/wiki/San_Andr%C3%A9s_Ap%C3%B3stol
bibliaonline.net
No hay comentarios:
Publicar un comentario