Arcanxo san Miguel.
Príncipe dos anxos fieis o señor. O seu nome significa: «¿Quén coma Deus?». Na sagrada escritura aparece no libro de Daniel, na epístola do apóstol Xudas, e no apocalipse. É entre os anxos unha figura principal entre os que serven inmediatamente ó trono do señor e baixan á terra para anunciar ou facer cumprir os seus designios. Protector do pobo de deus (Israel) no antigo testamento e da igrexa de Cristo no novo testamento.A etimoloxía da palabra arcanxo procede do grego archangelos, termo que aparece só duás veces na biblia, ambas no novo testamento. O antigo prefixo arc- ou en forma do prefixo archo significa "que goberna, que dirixe, que comanda, que lidera" + anxo que significa "mensaxeiro".
No apocalipse lese: "Hubo un gran combate nos ceos. Miguel e os seus anxos loitaron contra o Dragón. Tamen o dragón e os seus anxos combateron, peron non prevaleceron e non houbo lugar no ceo para eles. E o dragon foi lanzado, a serpe antiga, o chamado diablo en Satanás, o seductor do mundo, foi lanzado á terra e os seus anxos con él.
A igrexa recoñécelle o título de defensor das súas hostes, chámaselle "anxo do paraíso" ou "príncipe das milicias espirituais". A súa protección non nos abandona ata despois da morte. A devoción popular considérao como "pesador de almas" e así se representa en algunhas miniaturas da idade media coa balanza da xustiza divina na man, cun platillo inclinado cara á gloria do ceo.No catolicismo crese que se manifestou en varias ocasións. En roma hai unha estatua de bronce que o representa, no alto do castelo de Sant'Angelo. Aparecéuselle a Xoana de Arco e a santa Margarita, así como tame en Francia onde se lel adicou o monte Saint Michel na idade media.
FestividadeA súa festa é o 29 de setembro e dende 1970 celébrase xunto con san Gabriel e san Rafael.
No hay comentarios:
Publicar un comentario