Igrexa de Meirol
A igrexa de Meirol está adicada a san Andrés.
Trátase dunha igrexa de recente construcción. Presenta portada adintelada recercada por molduras acodadas. Sobre a portada unha hornacina e remate de pináculos laterais con espadaña central de doble vano.
Os muros laterais levan tres contrafortes. O ábside sobresae en altura cuberto a catro augas. A sacristía esta adherida ó lado sur do templo.
Cruceiro do Adro
Situado diante da igrexa, preto do muro que limita o adro. Ten vara octogonal fincada directamente no chan empedrado. O capitel é esferico con ecuador ben marcado a xeito de corda trenzada sobre o que se erixe unha cruz octogonal.
Cruceiro e peto de ánimas do Couto.
Situado nunha praza no barrio do Couto á esquerda da carretera local de Meirol a Mondariz.
O cruceiro e o peto constitúen unha unidade, comparten base. O cruceiro aséntase sobre un tronco de pirámide mediante unha vara estriada cilíndrica. O capitel é cadrado, forma un tronco de pirámide invertido labrado. Cruz rectangular con figura dun cristo.
O peto de ánimas está sobre a pesa, por diante do cruceiro. O tellado ten forma de arco con dous pináculos modernos ós lados. Susténtase en dúas columnas con estrías ó longo nos laterais do fornelo protexido cun cristal e unha reixa.
O retablo é de azulexos de cerámica con representación do arcanxo san Miguel coa espada na man dereita e a balanza na esquerda sobre un dragón que sobrevoa as lapas do inferno.
Descoñécese ano de construcción, ainda que figura un epígrafe de reconstrucción de 1967.
Restos de cruceiro
No cumio dun muro en Campados atópanse os restos dun cruceiro. O muro pecha o eido que na antigüedade pertenceu a un cura.
Posúe capitel e cruz, ainda que está a carón da cruz e non por baixo deste ó non estar montado sobre vara senón pousados sobre o muro. Hai tamén un reloxo de sol de pedra.
Cruz rectangular lisa con figuras a ambos lados. Cristo no anverso, de tres cravos, mirando á fronte, cos brazos paralelos ó chan. Ten as máns abertas, nó do pano ó lado dereito e pe derito por riba do esquerdo. No reverso virxe das angustias collendo o fillo.
O capitel e cadrangular, cos lados curvos e cabezas de anxo con ás en cada cara.
Cruz do adro
Atópase no interior do adro da igrexa parroquial, perto do muro, no interior do recinto do cemiterio.
Trátase dunha cruz latina monolítica, rectangular, lisa e sen figuras que carece de base e sae directamente do chan.
Está a ser empregada como soporte para unha billa de abastecemento de auga.
Peto do Outeiro
Peto de ánimas situado nunha encrucillada no barrio do Outeiro. Trátase dun peto de tipo pechado e pouca altura antigamente coroado por cruz desaparecida na actualidade. Tellado cha, coa pedra partida. Fornelo arqueado coroado por cruz en relevo. Dous pináculos laterais esculpidos tamén en relevo.
O retablo é de madeira, pintado en branco. En relevo figuras de Cristo sobre tres ánimas entre lapas.
Peto de Penalonga
Peto de ánimas situado no muro dunha casa datada no ano 1892, en Amil, Penalonga. Ocupa unha posición de tránsito. Carece de ornamentación. Ten unha pedra que sobresae lixeiramente na parte inferior facendo de mesa e reixa protectora.
Sen retablo.
Peto da Goleta
Peto de ánimas situado no lugar da Goleta, no barrio de Campados.
Fornelo de forma rectangular adornado con pináculos en relevo ós lados. Ten porta de ferro con reixa protectora e caixa das esmolas no interior. Carece de retablo.
Esmoleiro de santo Antón.
Situado á beira da estrada que discorre dende a igrexa de Meirol cara a Lougares, ocupa unha posición de tránsito.
Trátase dun peto pechado, coroado por unha cruz cadrada coas arestas rebaixadas e dous pináculos os lados, grandes e sinxelos. Amosa na parte dianteira unha placa de mármore con epígrafe do ano de restauración (1970).
Ten reixa protectora e caixón de esmolas metálico situado sobre a mesa, no interior do fornelo.
O fornelo é arqueado cur rebordeen forma de cordón que remata cunha cruz na parte superior.
No interior do fornelo hai unha figura de santo Antón.
Esmoleiro de san Xosé.
Situado na beira da estrada que discorre dende a igrexa de Meirol cara a Lougares, en posición de tránsito.
Trátase dun peto de tipo pechado, situado enriba dun valado de delimitación dunha propiedade agrícola. O tellado é cha coroado por unha cruz rectangular, de sección cadrada coas arestas rebaixadas.
O fornelo arqueado, protexido con porta metálica e como único adorno un reborde ancho de cor branca aredor do fornelo.
No interior do fornelo hai unha estaua de san Xosé.
No hay comentarios:
Publicar un comentario