sábado, 6 de agosto de 2011

Vilar

   A parroquia de Vilar está situada ó Leste do concello de Mondariz, na marxe norte do río Tea que actúa como límite natural co concello de Mondariz Balneario. Ocupa unha superficie de 3,32 km² e ten unha altitude media de 110 m. Acada a cota máis elevada na cima do monte de Garabite, a 314 m.



   Por Vilar discorren o regato de Catapeixe e o río Tea que movían os muiños da Bouza , das Pias (na beira do Tea, pódense ver as paredes das edificacións), da Laxe e outros de propiedade privada que aínda están en funcionamento en Torrados.

   Almacena auga para regadío nas pozas de Paradela, Fofide, Fonte da Igrexa, O Crasto, Penedo do Mouro, Cerdeiriña, Regueiro, Os Camións, O Xeixo, As Xorxas, Sanchamiles e a Bouza que teñen que limparse, tanto presas como a rede de regos e azequias, nas ultimas semanas de xuño.

Está composta polos barrios:

  • Bouza
  • Cabadas
  • Caeiro
  • Costeira
  • Garcias
  • Granxal
  • Igrexa
  • Laxas
  • Portela
  • Redo
  • Souto
  • Torrados
  • Xeixo

Límites:

Festas:


   Herdanza de cultos pagáns, Vilar conserva as tradicionais festas dos solsticios, cristianizadas pola igrexa católica. Así, celebra a entrada da primaveira (S. Xosé), o inicio do verán cunha cacharela no torreiro (S. Xoán), un magosto no outono (S.Martiño) e o invernal nadal. A máis disto acode en peregrinaxe á romería das Pascuillas na Vila da Franqueira, concello da Cañiza. Xa non porta cruz, estandarte e santo pero aínda mantén a costume de ir e voltar a pe.


   Consérvase o rito de misa, procesión, banda e verbena nas festividades de San Xosé e da Nosa Señora do Carme. Coa particularidade de celebrar o Carme o 25 de xullo (Santiago) en lugar do propio 16 por coincidir esta festa coa da veciña vila de Mondariz Balneario. Non é só por non se perder unha festa, senón que ó compartir párroco as dúas poboacións e desprovisto éste do divino don da ubicuidade ten que traslada-la celebración á outra data.


Dotacións e espazos de uso común

No hay comentarios:

Publicar un comentario