San Félix de Cantalicio
Capuchino místico, amante de Cristo na pobreza, a humildade e a gratitude.
Naceu en Cantalicio, cerca de Citta Ducale, en Apulia. Seus pais eran campesinos moi piadosos. Souberon educalo tan ben que os seus compañeiros de xogos, canco o vían vir gritábanlle: "Ahí ven San Félix". O Santo pastoreaba o gando dende ben rapaz. Conducía o seu rebaño a algunha paraxe tranquila onde pasaba largas hora en oración ante unha cruz que tiña gragada no tronco dunha árbore. Cando tiña doce anos entrou a traballar na cusa dun rico propietario de Citta Ducale, chamado Marco Tulio Pichi, ou Picarelli, quen o empregou primeiro como pastor e logo como cultivador.
Era aínda moi novo cando aprendeu a meditar durante o traballo e logo alcanzou un alto grao de contemplación.
Tanto en deus, como nas criaturas que o rodeaban, como en si mesmo encontraba materia de meditación dabondo. Máis tarde, un relixioso preguntoulle como podía vivir na presenza de Deus no medo do traballo e as ocasións de distracción. O santo respondeu: "Tódalas criaturas poden levarnos a Deus, con tal de que saibamos mirallas con ollos sinxelos". A sua materia predilecta para a meditación era a Pasión de cristo, que non se cansaba de contemplar. Felix era tan alegre coma humilde; endexamáis se deu por ofendido cando alguén o inxuriaba; en vez de responder groseiramente replicaba: "Volulle pedir a deus que te faga un santo". O relato da vida dos páis no deserto produciulle certo desexo de segui-la vida eremítica; pero comprendeu que era demasiado perigosa para el.
Aínda tiña dúbidas en torno á súa vocación, cando un accidente lle mostrou a vontade de deus. Estaba labrando cunha parella de bois novos cando seu amo se lle acercou. Os animais asustados pola presenza do home derribaron a Félix que trataba de detelos. Ainda que lle pasou por enriba o arado levantouse ileso. Para agradecerlle a deus o miragre, Félix pediu ser admitido como irmán lego no convento capuchino de Citta Ducale. O pai gardián, despois de falarlle da austeridade da vida conventual deixouno frente unha cruz e díxolle: "Considera que o señor sufriu por nós". Félix rompeu a chorar e o superior comprendeu que se sentía tan intensamente a pasión de cristo tiña que ser unha alma elixida.
Félix fixo o noviciado en Antícoli. Dende os primeiros meses, pasou imbuido no espíritu da sua orde, pois amaba a pobreza, a humildade e a cruz. Con frecuencia rogaba ó seu mestre de novicios que lle redograran as penitencias e mortificacións e o tratasen con máis severidade que ós demáis, pos os sus compañeiros eran, segundo el, máis dociles e inclinados á virtude. Ainda que estaba persuadido de que todos eram mellores ca el, os seus irmáns de relixión chamábanlle "o santo" igual que fixeran os antigos compañeiros de xogo.
En 1545, hacia os trinta anos fico os votos solemnes. Catro anos máis tarde, foi enviado a Roma, onde durante corenta anos, case ata a súa morte, saliu diariamente a pedir esmola para o mantemento da comunidade. O oficio era moi pesado, pero san Félix aguantaba as humillacións, fatigas e incomodidades; nada distraía o seu pensamento de deus.Coa aprobación dos superisores, axudaba ós pobres coas limosnas que xuntaba. Ademáis, vistaba ós enfermos, servíaos persoalmente e consolaba ós moribundos. San Felipe Neri prodigáballe gran estima e gustáballe conversar con el.
San Felix tratábase a sí mesmo con gran severidade. Andaba descalzo e usaba cilicio; facía xesún a pan e auga e contentábase cos mendrugos de pan que encontraba no fondo da alforxa. Ocultaba os dons sobrenaturais que lle concedía deus; porén, algunhas veces, cndo axudaba na misa, era arrebatado en éxtase á vista de todos. Por canto vía e acontecía daba gracias a deus. Pronunciaba tantas veces as palabras "Deo gratias", que os avós da rúa chamábanlle o irmán Deogracias.
Cando Félix era vello e achacoso, o cardenal protector da orde, que quería moito ó santo, aconsellou ós seus superiores uqe o relevasen do seu oficio; pero Félix rogoulles que lle deixasen seguir pedindo esmola, dicindo que a alma marchítase cando o corpo non traballa. Deus chamouno canda el ós setente e dous anos, despois de consolalo no seu leito de morte cunha visión da virxe. Morreu o 18 de maio de 1587.
O Santo obrou moitas miragres despois da súa morte e foi canonizado en 1709.
Fontes
http://www.corazones.org/santos/felix_cantalicio.htm
http://www.franciscanos.org/prudencio/fcantalicio.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario