jueves, 9 de agosto de 2007

Santa Lucía



Naceu en Siracusa, Sicilia, de páis nobles e ricos. Foi educada na fe cristiá. Perdeu seu pai durante a infancia e consagrouse a deus sendo moi nova. Porén, mantivo en segreto os seu voto de virxinidade, de sorte ee a súa nai, que se chamaba Eutiquia, exhortouna a contraer matrimonio cun rapáz pagán. Lucía persuadiu sua nai para que fose a Catania a hoar ante a tumba de santa Águeda para obter a curación dunhas hemoraxias. Ela mesma acompañou á sua nai e deus escoitou as suas oracións. Entón, a santa díxolle á nai que quería consagrarse a deus e repartila fortuna entre os pobres. Chea de gratitude polo favor do ceo, Eutiquia deulle permiso. O pretendente de Lucía indignouse profundamente e delatona com cristiá ante o pro-cónsul Pascasio. Estaba a persecución de Diocleciano en todo o seu furor.

O xuiz presionouna para que apostatara da fe cristiá. Ela respondeu: "É inútil qeu insista. Endexamáis podera apartarme do amor ó mes señor Xesucristo". Foi queimada, torturada e decapitada. O seu martirio produciuse o 13 de decembro.



Dende antigo réndeselle culto en oriente e Grecia. No século VI venerábaselle en Roma entre as virxes e mártires máis ilustres. Na idade media invocábase á sante contra as enfermidades dos ollos, probablemente porque está relacionado coa luz. Isto deu orixe a varias lendas como a de que eue o tiramo mandou ós gardas que lle quitasen os ollos e ela recobrou a visión. En 1894 probouse a súa historicidade con descubrimento dunha inscripción sepulcral co seu nome nas catacumbas en Siracusa. A santa viviu no século IV.



O nome de Lucía significa "luz". Dante Alighieri na Divina Comedia atribúelle a Santa Lucía o papel de gracia iluminadora.

Festividade

13 de decembro.

Fonte

www.corazones.org

www.archicompostela.org

www.wikipedia.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario