Igrexa de Sabaxáns
A igrexa de Sabaxáns está adicada a san Mamede
O templo parroquial de san Mamede foi construido en 1730 segundo figura no epígrafe da fachada. Edificado en sillares de pedra, cun oco central adintelado. A espdaña, tamén central parte o hastial con cornisa moldurada, é de doble vano apoiado sobre imposta con decoración de placas de recorte. A fallada leva pináculos nos extremos. O campanario ten escaleira exterior con antepeiro e o ábside está máis alto que o resto da nave. A sacristía vai pegada no muro norte.
Cruceiro da igrexa
Situado diante da porta principal da igrexa, pegado ó muro do adro. Formaba parte dun viacrucis do que únicamente permanece enteira esta estación.
Carece de chanzos, ten por único soporte unha base cúbica. O varal ten sección octogonal, remata nun capitel esférico sobre o que se levanta unha cruz latina, lisa, de sección romboidal sen figuras.
Cruceiro do Torreiro
Érguese nun lado do torreiro de festas, preto da igrexa parroquial
Presenta tres chanzos, o último de menor altura con figuras de caveiras nos estremos. Vara octogonal e capitel de catro lados rectos. Cruz latina, lisa, de sección romboidal cunha coroa na metade do traveseiro con cruz inscrita no interior.
Cruceiro de Chandefornos
Situado diante da capela de Chandefornos que se atopa á entrada do cemiterio.
Presenta tres chanzos cadrados do que parte o varal, inicialmente rectangular e octogonal despois. Capitel de catro lados rectos que serve de apoio a unha cruz latina, lisa, grosa, pequena e sen figuras de sección octogonal cos brazos e testeiro acabados en cadrado.
Peto de ánimas de Chandefornos
Encaixado no lado dereito do cemiterio parroquial de Sabaxáns, no torreiro da capela de san Xosé obreiro.
Trátase dun peto pechado, tipo xanela, protexido por reixa metálica. Ten caixón de esmolas. O retablo é de madeira policromada. Aparece presidido por santo Antón acompañado de cabezas de anxos con ás. Entre as lapas do purgatorio vense cinco ánimas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario