jueves, 9 de agosto de 2007

San Roque

Roque naceu, segundo a tradición, en Montpelier (Francia) no ano 1295. Foi un peregrino que se desprazou ata Roma. Recorreu Italia adicándose á cura de enfermos de peste.

Naceu en Montpelier no seo dunha familia sumamente rica. Cando morreron seus pais vendeu todas as posesións. Repartiu todas as posesións entre os pobres, e como pobre peregrino marchou cara a Roma a visitar santuarios.

Nesa época produciuse unha epidemia de peste que ocasionou grande numero de mortos por todo Europa. Roque adicouse a atender ós máis abandonados conseguindo a curación de moitos e axudandolles a morrer con dignidade a moitos outros. Él mesmo tiña que darlles sepultura porque ninguén se atrevía a acercarse por temor ó contaxio. Con todos tiña os máis bondadosos xestos de caridade cristiá. Chegou a Roma onde atendeu ós apestados máis enfermos.

Un día, mentres atendía a un dos enfermos, sentiuse él tamén contaxiado. Enchéuselle o corpo de manchas negras e úlceras. Para non molestar a ninguén retirouse a un bosque solitario e refuxiouse nunha cova.

Un can, dunha importante casa próxima collía cada día un anaco de pan da mesa do seu dono e leváballa ó santo. O seu dono, despois de varios días vendo a actuación do can seguiuno ata o bosque e o ver ó pobre Roque levouno á casa e curouno da enfermidade.

En canto estivo curado, o santo decidiu volver a Montpelier. Á chegada á cidade, que estaba en guerra foi confundido cun espía e encarcelado. Permaneceu 5 anos en prisión consalando e axudando ós prisioneiros.

Morreu o 15 de agosto de 1378, festa da asunción da virxe. Cando preparaban o corpo para metelo no cadaleito descubriron unha cruz que o seu pai lle trazara no peito cando era pequeno e reconocérono como o fillo do gobernador da cidade. Todo o pobo de Montpelier acudiu ó seu funeral.

Represéntano con bastón de peregrino, sinalando as feridas e cun can ofrecendolle pan.

Festividade
16 de agosto.

Fontes
www.es.catholic.net
www.wikipedia.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario