jueves, 9 de agosto de 2007

Santa María.

María, en arameo מרים Mariam, ñe o nome que se usa nos evanxeos para referirse a nai de Xesús de Nazaret.



Para os hebreos o nome non era un simple apelativo. Estaba ligado íntimamente á persoa, por iso empregaban nomes que describisen a personalidade e carácter. María é un nome coñecido no Antigo testamento por selo nome da irmá de Moisés e Aarón; orixinalmene escrito como Miriam. Ainda que na idade media lle buscaro significados máis piadosos que exactos, o significado máis próximo á súa orixe hebrea sería "alteza" ou "ensalzada".

María nai de Xesús.



Menciónase por primeira vez o seu nome no evanxeo de Marcos, ainda que figura nos outros tres. No evanxeo de Mateo aparece cando falan da miragrosa concepción de Xesús, do seu nacemento e fuxida a Exipto. Tamén no evanxeo de Lucas se menciona na presentación de Xesús no templo, cando o ancián Simeón lle fala da pasión que vai sufrilo seu fillo. Segundo o evanxeo de Xoán, o primeiro miragre de Xesús faino en Caná a petición de María. Por iso a teoloxía católica e ortodoxa destacan a eficacia da intercesión de María ante seu fillo e na entrega ó pe da cruz como a proclamación simbólica de María como nai da igrexa.

Sobre os seus pais Joaquín e Ana non se ten certeza dos seus nomes, estes foron tomados do Protoevanxeo de Santiago, considerado apócrifo pola igrexa católica.

Ainda que en alguns pasaxes se fala de irmáns de Xesús, o novo testa mentos só di que María é nai de Xesús. O catolicismo, a relixión ortodoxa e a copta, baseadas no uso do linguaxe hebreo da época e na tradición eclesial interpretan este termo como parientes, e declaran que María permaneceu sempre virxe.



Os evanxeos que presentan a María cando falan da concepción de Xesús, narran que nese intre era prometida de Xosé de Nazaret, sendo éste carpinteiro. O matrimonio xudío tiña dous momentos, desposorio e matrimonio. Se a noiva non estivera casada antes, esperábase un ano despois do desposorio para o matrimonio, momento en que o noivo a levaba dende a casa dos páis dela á del.

A presenza de María nos relatos biblicos comeza coa narración da aparición do arcanxo Gabriel (Lc 1, 26-28) "E o sexto mes, o anxo Gabriel foi enviado por deus a unha cidade de Galilea chamada Nazaret a unha virxe desposada cun home que se chama Xosé.."



María, xa embarazada, vista á súa prima Isabel, xa que o anxo Gabriel anunciáralle que tamén ela, ainda que xa era anciá, estaba encinta. María viaxa a Xudá (Aim Karim actual, a seis kilómetros no oeste de Xerusalén).

(Lc 13) "..Xosé e María viaxan dende Nazaret en Galilea hacia Belén en Xudea. Estando en Belén, chegoulle a hora de dar a luz a Maria mentres Xosé buscaba pousada pero non teñen lugar para hospedarse. Estaban todas chasw polo censo que mandou facer César Augusto. O único lugar dispoñible é un pesebre que lles seviu de refuxio para o nacemento de Xesús.

María nas igrexas católica, ortodoxa e copta.

Como a doctrina da trinidade considera a Xesús unha das tres persoas divinas (pai, fillo e espírito santo), dáselle a Mría o título de "theotokos", nai de deus. A encarnación significa que en un instante a segunda persoa da trinidade, o verbo, de natureza divina, asumiu plenamente a natureza humana -sen menoscabo da súa condición divina- ó ser concebido milagrosamente en María. Como foi instantánea e esencial, María, en ese momento empezou a ser a nai de Xesús: home-deus.

Tamén se cree no dito polos pais da igrexa dende san Melitón de Sardes no século II d.c. de que María foi coroada no ceo despois da súa asunción, basándose isto no relato do libro do apocalipse no capítulo 12. Na igrexa católica, a coronación de María é o quinto misterio grorioso do rosario.

Cuestións teolóxicas.

En 1854, produciuse a proclamación por parte do papa Pío IX do dogma da inmaculada concepción: Mará foi liberada do pecado orixinal na súa propia concepción, de maneira que viviu unha vida completamente sen pecado, cuestión de tampouco foi aceptada polos protestantes.

Por medio da constitución apostólica "Munificentíssimus deus" o papa Pío XII proclamou o dogma da Asunción da virxe o 1 de novembro de 1950."..declaramos e definimos ser dogma divinamente revelado qeu a inmaculada nai de deus e sempre virxe María, terminado o curso da súa vida terreal, foi asunta en corpo e alma á gloria do ceo".

Aparicións de María.



Según a igrexa católica, a ortodoxa e a copta, é posibel que os santos poidan comunicarse privadamente cos homes. As mensaxes reveladas ós videntes, considéraas a igrexa como revelacións privadas. Esas revelacións non son consideradas como verdades de fe, o que deixa liberdade ós crentes para aceptalas ou non.

A historia do catolicismo recorda numerosas aparicións das cales só algunhas foron aprobadas oficialmente. As máis coñecidas son Guadalupe (Mexico, 1531), Lourdes (Francia, 1858) e Fátima (Portugal, 1917)


Fontes:

www.wikipedia.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario