viernes, 2 de diciembre de 2011

Asociación de Maiores

Dende o ano 2011 Mondariz conta cunha asociación de maiores creada co obxectivo de promover o encontro entre as personas maiores e desenvolver actividades para a convivencia e o entretemento.



Unha das actividades que se celebrou no ano 2011 foi a excursión á cidade da cultura en Santiago de Compostela.



Para contactar coa asociación debedes acudir ó centro social onde desenvolven as actividades.

lunes, 29 de agosto de 2011

Volta Ciclista

O vindeiro xoves 01 de setembro de 2011 visitaranos a Volta Ciclista no transcurso da duodécima etapa que empeza na veciña vila de Ponteareas e finaliza en Pontevedra.

Pódense ver os horarios e percorrido na páxina Lavuelta.com para comprobar qué estradas permanecerán pechadas e durante cantas horas.

Achegarase ata Mondariz dende Balneario e percorrerá a estrada PO-252 dirección Moscoxo. A todos aqueles que desexen acercarse a participar da etapa, lembrámoslles que os puntos onde verán mellor ós ciclistas serán aqueles onde pasen a menor velocidade. Por isto recomendamos as proximidades de Festín, no porto de Moscoxo (de terceira categoría).

Tamén poden acercarse ó control de firmas e saida de etapa en Ponteareas para participar do ambiente de este evento deportivo

jueves, 11 de agosto de 2011

Situación Xeográfica

O concello de Mondariz sitúase no centro-leste da provincia de Pontevedra, integrado na comarca do Condado. Limita cos concellos de Fornelos de Montes, Covelo, A Cañiza, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Mondariz-Balneario e Pazos de Borbén. Conta cunha superficie aproximada de oitenta e cinco quilómetros cadrados, nos que se asentan setenta e tres entidades diferenciadas de poboación nas que viven algo máis de seis mil habitantes.



Historia institucional

As parroquias que integran este territorio dependían no antigo réxime de catro xurisdiccións, todas elas con señorío laico. Na xurisdicción de Achas, dependente do conde de Salvaterra, atopábase a parroquia de Lougares. Na xurisdicción de Oliveira a parroquia de Portela. Na xurisdicción de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, estaban integradas as parroquias de Frades, Gargamala, Meirol, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Mondariz, Sabaxáns e Vilar. Por último, o couto de Toutón, formado pola parroquia do mesmo nome, dependente de D. Juan Araújo.

Será no ano 1836 cando definitivamente xurda o actual Concello de Mondariz, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas e formado polas parroquias de Lougares, Portela, Frades, Gargamala, Meirol, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Sabaxáns, Vilar, Toutón e Santa Eulalia de Mondariz.

Con posterioridade as parroquias de San Martiño de Portela, que logo cambiará a súa denominación pola hoxe coñecida de Vilasobroso, e a de Santa María de Queimadelos en 1924 e 1935, respectivamente, constituíronse en Entidades Locais Menores.

A principal modificación acontecida no concello prodúcese coa segregación da parroquia de Santa Eulalia de Mondariz para constituír unha Entidade Local Menor e, de seguido, o Concello de Mondariz-Balneario no ano 1924.

Fonte:
Deputación Pontevedra

Escola de Chan de Caíde

Na chan de Caíde, no recinto do que fora Colexio Público Riofrío-Vilar, atópanse a Escola de Música (ESMU Mondariz), o local de ensaio da Banda de Música, a biblioteca municipal, o telecentro, a piscina e as pistas deportivas do antigo patio do colexio.

Os horarios son os seguintes:

Biblioteca Biblioteca: de luns a venres de 16 a 21
Telecentro Telecentro: de luns a venres de 16 a 20
ESMU ESMU: de luns a venres de 16 a 22.
Banda Banda de Música Cultural de Mondariz
Ensaios os venres de 21:30 a 23:30
Piscina Piscina
Conserxería Conserxería: 986 65 65 73

Situación:

Ver mapa más grande

sábado, 6 de agosto de 2011

Vilar

   A parroquia de Vilar está situada ó Leste do concello de Mondariz, na marxe norte do río Tea que actúa como límite natural co concello de Mondariz Balneario. Ocupa unha superficie de 3,32 km² e ten unha altitude media de 110 m. Acada a cota máis elevada na cima do monte de Garabite, a 314 m.



   Por Vilar discorren o regato de Catapeixe e o río Tea que movían os muiños da Bouza , das Pias (na beira do Tea, pódense ver as paredes das edificacións), da Laxe e outros de propiedade privada que aínda están en funcionamento en Torrados.

   Almacena auga para regadío nas pozas de Paradela, Fofide, Fonte da Igrexa, O Crasto, Penedo do Mouro, Cerdeiriña, Regueiro, Os Camións, O Xeixo, As Xorxas, Sanchamiles e a Bouza que teñen que limparse, tanto presas como a rede de regos e azequias, nas ultimas semanas de xuño.

Está composta polos barrios:

  • Bouza
  • Cabadas
  • Caeiro
  • Costeira
  • Garcias
  • Granxal
  • Igrexa
  • Laxas
  • Portela
  • Redo
  • Souto
  • Torrados
  • Xeixo

Límites:

Festas:


   Herdanza de cultos pagáns, Vilar conserva as tradicionais festas dos solsticios, cristianizadas pola igrexa católica. Así, celebra a entrada da primaveira (S. Xosé), o inicio do verán cunha cacharela no torreiro (S. Xoán), un magosto no outono (S.Martiño) e o invernal nadal. A máis disto acode en peregrinaxe á romería das Pascuillas na Vila da Franqueira, concello da Cañiza. Xa non porta cruz, estandarte e santo pero aínda mantén a costume de ir e voltar a pe.


   Consérvase o rito de misa, procesión, banda e verbena nas festividades de San Xosé e da Nosa Señora do Carme. Coa particularidade de celebrar o Carme o 25 de xullo (Santiago) en lugar do propio 16 por coincidir esta festa coa da veciña vila de Mondariz Balneario. Non é só por non se perder unha festa, senón que ó compartir párroco as dúas poboacións e desprovisto éste do divino don da ubicuidade ten que traslada-la celebración á outra data.


Dotacións e espazos de uso común

Vilasobroso

A parroquia de Vilasobroso atópase ó leste do concello de Mondariz. Ten unha superficie de 5,18 km e unha altitude media de 250 m.A máxima elevación é o monte Landín (ó leste do castelo de Sobroso) cunha altitude de 459 metros.


É percorrido polo río Xabriña, afluente do Tea.

A parroquia está constituida polos seguintes barrios

  • Cruceiro.
  • Pena.
  • Saniñáns.
  • Veigadraga.

Limites

  • Norte: Mondariz e Queimadelos.
  • Este: Queimadelos e Ponteareas (Cumiar)
  • Sur: Ponteareas (Oliveira e Cumiar)
  • Leste: Mondariz Balneario e Ponteareas (Pías)

Festas:

  • Ultimo domingo Agosto: Santa Lucía.
  • 11 Novembro: San Martiño.

Toutón

A parroquia de Toutón sitúase ó noroeste do concello de Mondariz. Ten unha altitude media de 370m e unha superficie de 11'16 km². Percórreno os regados da Lobagueira ou de Lordelo, o de Catapeixe e o Aboal.


Ten a igrexa parroquial no barrio de Casco e unha ermida no alto do monte de San Xoan do Xisto, no barrio de Festín.

A parroquia está constituida polos seguintes barrios

  • Aboal.
  • Casco.
  • Festín.
  • Lordelo.
  • Portacurbo.

Limites

  • Norte: Fornelos de Montes e Pazos de Borbén.
  • Este: Gargamala e Frades.
  • Sur: Vilar.
  • Leste: Pazos de Borbén e Ponteareas.

Festas:

  • 24 Xuño: San Xoán.
  • 29 Xullo: Santa Marta.

Sabaxáns

A parroquia de Sabaxáns sitúase ó noreste do concello. Ten unha extensión de 10,41 km². A sua poboación dispersase en pequenos núcleos de poboación que deron lugar a 8 barrios.

Sabaxáns é atravesado polo río Tea, que serve de barreira natural e límite coa parroquia de Lougares, o río Pequeno ou Furafollas que a separa de Gargamala e os regatos Matacán, o regato de Casil ou da Cova e o do Souto; afluentes do río Alén que establece o límite co concello de Covelo.


A parroquia está constituida polos seguintes barrios

  • Costal.
  • Coto.
  • Cruceiro.
  • Chandefornos.
  • Ermelo.
  • Grela.
  • Iglesia.
  • Portela.

Limites

  • Norte: Fornelos de Montes (Ventín).
  • Este: Covelo (Barciademera, Piñeiro e Casteláns).
  • Sur: Lougares.
  • Leste: Gargamala e Riofrío.

Festas:

  • 1 Maio: San Xosé obreiro.
  • 24 Agosto: San Bartolomé.

Riofrio

A parroquia de Riofrío atópase no centro do concello, na marxe norte do río Tea, que a separa de Mondariz. Ten unha superficie de 6,10 km². A dispersión poboacional da parroquia reflictese na presencia de 3 edificios para a celebración do culto relixioso; a capela de San Roque situada no Carballal, a igrexa de San Miguel e a capela de San Pedro situada en Cernadela.



Trascorren por Riofrío os ríos de Aboal, o Tea que serve de límite coa parroquia de Mondariz, o regato Pequeno ou Furafollas que establece o límite con Sabaxáns e o regato de Boente ou regueiro Machado.

A parroquia está constituida polos seguintes barrios

  • Asnela.
  • Carballal.
  • Cernadela.
  • Chaleira.
  • Pe do Muiño.
  • San Miguel.

Limites

  • Norte: Toutón, Frades e Garganala.
  • Este: Sabaxáns.
  • Sur: Mondariz.
  • Leste: Vilar.

Festas:

  • 6 Xaneiro: Virxe da Leite ou Reis.
  • 20 Xaneiro: San Sebastián.
  • 28 Xuño: San Pedro.
  • 16 Agosto: San Roque.

Queimadelos

A parroquia de Queimadelos é a de menor extensión (2,12 km²) e atópase no centro do concello, próxima a Mondariz. Cunha altiude media de 230m ten o seu punto máis alto no monte de Penalta e transcurre polo seu territorio o río Xabriña.

A parroquia está constituida polos seguintes barrios

  • Aqueleido.
  • Armada.

Limites

  • Norte: Mondariz e Lougares
  • Este: Meirol
  • Sur: Meirol e Vilasobroso
  • Leste: Vilasobroso e Mondariz.

Festas:

  • 6 Agosto: San salvador (Sta. María).
  • Primer Domingo Septiembre: San Roque .

Mouriscados

A parroquia de Mouriscados sitúase ó sur do concello de Mondariz . Ten unha extensión de 10,19 km² e unha altitude media de 390m. Atravésana o río Xabriña e o regato Castañeta.

A parroquia está constituida polos seguintes barrios



  • Campo de Mouro.
  • Crespos.
  • Fontán.
  • Fontebalán.
  • Poñe.

Limites

  • Norte: Meirol.
  • Este: Covelo (Paraños e Prado da Canda).
  • Sur: Salvaterra (Uma) e Cañiza (A Franqueira).
  • Leste: Ponteareas (Cumiar e Guillade).

Festas:

  • 15 Agosto:
  • 16 Agosto: Virxe do Socorro.
  • Setembro: Virxe do libramento.

Mondariz

A parroquia de Mondariz sitúase na parte central do concello, na marxe sur do río Tea. Ten unha altitude media de 120 m. e unha extensión de 8,32 km². Posúe a capitalidade do concello, os edificios administrativos, o mercado e establecementos comerciais.

Mondariz é a parroquia máis densamente poboada do concello. Tódolos domingos celébrase mercado na praza e permanecen abertos en horario de mañá tódolos establecementos comerciais.



A parroquia está constituida polos seguintes barrios

  • Ceo.
  • Escobeiro.
  • Foxaco.
  • Fraga da Barcia.
  • Merouces.
  • As Paredes.
  • A Pedreira.
  • O Sesteiro.

Limites

  • Norte: Riofrío, Sabaxáns.
  • Este: Lougares.
  • Sur: Vilasobroso, Queimadelos.
  • Leste: Concello de Mondariz Balneario.

Festas:

  • 14 Agosto: Peña de Francia .
  • 15 Agosto: Ascensión de María.
  • 16 Agosto: San Roque.
  • Maio Xuño: Pascuilla, romería da Franqueira.
  • 10 Decembro: Santa Eulalia.

Meirol

A parroquia de Meirol está ubicada no sureste de Mondariz. Ten unha altitude media de 290 m. Ocupa unha superficie de 4,23 km². Os seus montes principais son Penalta, Picoto, Mouriz e Coto de Castro. Está bañada polo río Xabriña e os regatos Meirol, Regufe e Xuriño.

    A parroquia está constituida polos seguintes barrios
  • Campados.
  • Filgueiras.
  • Goleta.
  • Penalonga.

Limites

  • Norte: Lougares e Queimadelos.
  • Este: Concello de Covelo (Paraños).
  • Sur: Mouriscados.
  • Leste: Vilasobroso e Concello de Ponteareas (Cumiar)

Festas:

  • 3 Febreiro: san Brais .
  • 24 Agosto: san Bartolomé.

Lougares

A parroquia de Lougares sitúase no este de Mondariz. Ten unha altitude media de 120 m. Está na marxe sur do río Tea e percórrena tamén o Lougariños, afluente do Tea, e o Refuxio ou Coveliño que serve de límite natural co concello de Covelo.



    A parroquia está constituida polos seguintes barrios
  • Cabirtallo.
  • Casares.
  • Couto.
  • Cruceiro.
  • Chouteira.
  • Outerelo.
  • Sta. Baia do Mato.

Limites

  • Norte: Sabaxáns, rio Tea.
  • Este: Concello de Covelo (Casteláns e Paraños).
  • Sur: Meirol.
  • Leste: Mondariz.

Festas:

  • 16 Agosto: San Roque (celébrase no domingo seguinte ó día 16).

Gargamala

O pobo de Gargamala atópase ó norte do concello de Mondariz. É o de maior extensión, cunha superficie de 14,86 km². Ten unha altitude media de 340m e acada a cota máis elevada na cima do monte Maior ou Cotodeira a 884m.



Está composta polos barrios de:

  • Barral
  • Barro
  • Boente
  • Mourelle
  • A Rúa
  • Soutiño
  • Vedrelos

Limites

  • Norte: Traspielas, concello de Fornelos de Montes.
  • Este: Sabaxáns.
  • Sur: Riofrío.
  • Leste: Frades e Toutón.

Festas:

  • 26 Setembro: Virxe das Dores (último domingo de setembro).
  • 4 Decembro: Sta Bárbara.

Frades

A parroquia de Frades atópase o Noroeste do concello de Mondariz. É unha das poboacións de menor superficie do municipio con 3,26 km² bañados polos regatos Aboal e Furafolla. A altitude media é de 265 m.



Está composta polos barrios de:

  • Aboal
  • Cambra
  • Costa
  • Quintáns

Limites:

  • Norte: Toutón e Gargamala.
  • Este: Gargamala.
  • Sur: Riofrío.
  • Leste: Toutón.

Festas:

  • 7 Outubro: virxe do Rosario.
  • 13 Decembro: santa Lucia.

Dotacións e espazos de uso común:

Benvida

Bo día,
este blog nace co obxectivo de mostrar as singularidades de Mondariz, os seus pobos, as súas costumes e todo aquilo que resulte de interese para a promoción desta vila.

Espero que vos fagades seguidores deste blog e que o contido sexa do voso  interese.

Ata a próxima.

Concello de Mondariz

A casa do concello de Mondariz é unha edificación exenta, de recente construcción, integrada nunha fermosa superficie axardinada dentro do núcleo urbano. Destaca pola súa horizontalidade e a grande superficie acristalada, seguindo a tradición das galerías, que se completa cun lucernario central sobre as escaleiras de acceso á planta alta, producindo todo iso unha considerable iluminación natural no interior do edificio.

No interior da casa do concello atópanse as dependencias de:
Concello
Teléfono: 986 664 503
Xulgado
Teléfono: 986 656 183
Policía Local
Teléfono: 680 461 151
Oficina de correos.
Teléfono: 986 65 61 64

Situación Xeográfica