jueves, 9 de agosto de 2007

Santa Eulalia



Festividade


10 de decembro.

Historia

Eulalia, nada en Mérida a finais do século III procedente dunha excelente linaxe. Morreu o 10 de decembro do ano 304, á idade de 12 anos despois de ser cruelmente torturada.



Daciano, governador romano, recorría as cidades perseguindo ós cristiáns. É así como chega a Mérida. Eulalia, unha rapaza de 12 anos retaba as conciencias dos seus veciños ¿a qué esperades?¿ninguén vai presentarse ante o governador e dicirlle o mal que fai perseguindo ós que non fan ningún mal?. Demostrade que sodes cristiáns e que defendedes a este Cristo da ultraxe.

Os pais de Eulalia, que coñecían a súa valentía sabían que era capaz de recriminar ó governador. Por iso levaron a Eulalia lonxe da cidade. Na casa de campo ela seguía a recordar a situación dos cristiáns e non podía durmir. Unha noite abandonou a casa e encamiñouse á cidade iluminada por unha corte de anxos. Ó mencer estaba ante o palacio do governador falando con gran fervor en defensa dos cristiáns e en contra dos perseguidores. Daciano, quixo coñecela, pensando que a convencería con halagos. Eulalia recriminoulle as persecucións e recordoulle a súa incapacidade para vencer ós cristiáns pois afirmaba que era o mesmo deus quen os defendería e ainda que lles quitasen a vida, resucitarían nunha mellor.



O non saber como reaccionar, Daciano quixo tentala para apostatar ofrecéndolle xoias e ouro para a súa familia só con recoñecer ós deuses romanos e abandonando a secta dos cristiáns. Por negarse, foi encarcelada, torturada, e finalmente queimada. Nese último intre, unha branquísma pomba saiu da súa boca e voou cara o ceo. Era o 10 de decembro do ano 304.

Fontes

http://www.corazones.org/santos/eulalia.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario