jueves, 9 de agosto de 2007

Santo Antón abade, San Antonio

Nado en Heracleópolis Magna, Exipto, no ano 251 e morto no Monte Colzim, Exipto, no 356. Foi un monxe cristián, fundador do movimento eremita. Nos feitos da súa vida conflúen elementos históricos e de orixe lexendaria; sábese que abandoou os bens materias da súa propiedade para levar unha existencia ermitán e atendía varias comunidades monacais de Exipto. Dise que alcanzou a idade de 105 anos.

Antón naceu en Comas, cerca de Heráclea, no alto Exipto. Ó redor dos vinte anos desfíxose de tódalas posesións entregou o diñeiro ós pobres e retirouse a vivir nunha comunidade local ascética, durminto nun sepulcro valeiro. Logo pasou moitos anos axudando a outros ermitáns a dirixils sua vida espiritual no deserto. Foise internando cada vez máis no deserto par vivir en absoluta soidade.

Antonio foi tentado repetidamente polo demo no deseto. A tentación de santo Antón foi un tema moi representado na iconografía relixiosa cristiá.

A sua fama de home santo e austero atraeu a numerosos discípulos ós que organizou nun grupo de ermitáns xunto a Pispir e otro en Arsínoe. Por iso se lle considera o fundador da tradición monacal cristiá. Porén, pese ó atractivo que exercía o seu carisma, nunca optou pola vida en comunidade e retirouse ó monte Colzim, perto do mar Vermello. Abandonou o seu retiro en 311 para visitar Alexandría e predicar contra o arrianismo.

Cóntase que Antonio foi visitar a Pablo o simple, un anacoreta de Tebaida que vivía alimentado por un corvo que diariamente lle traía unha bola de pan, e que recibiu a Antón traendo dúas bolas. Cando morreu Pablo, Antón enterrouno coa axuda de dou leóns e outros animáis, de ahí o patronato dos animais e sepultureiros.

Dise tamén que se lle acercou unha xabarín cos raións (que estaban cegos) en actitude de súplica. Antón curoulles a cegueira ós animais e dende entón a nai non se separou del defendéndoo de calquera alimaña que se acercase. Co tempo, pola idea de que o porco é un animal impuro, acostumaban representalo dominando a impureza, cun cocho domado ós seus pés.

As reliquias de santo Antón.

Antón viviu ata os 105 anos. Deu orde de que os seus restos repousasen nunha tumba anónima. Porén, aredor do 561 levaron as reliquias a Alexandría onde foron veneradas ata aredor do século XII en que foron trasladadas a Constantinopla. A orde dos cabaleiros do hospital de santo Antón, coñecidos como Hospitalarios, fundada nesas datas, púxose baixo a súa advocación. Na iconografía represéntano co hábito negro dos Hospitalarios e a Tau ou cruz exipcia.

Trala caida de Constantinopla, as reliquias de Antón leváronas para a provincia francesa do Delfinano, a unha abadía que anos despois pasou a chamarse de Saint-Antoine-en-Viennois.

A orde dos antonianos especializouse na atención e coidado de enfermos con doenzas contaxiosas: peste, lepra, sarna, venéreas e sobre todo o ergotismo, chamado tamén fogo de san Antón ou fogo sacro. Establecéronse en varios puntos do camiño de Santiago, ás aforas das cidades onde atendían ós peregrinos afectados.

O hábito da orde é unha túnica de saial con capuchón e levan sempre unha cruz en forma de Tao. Durante a idade media, tiñan ademáis o costume de deixar os seus porcos soltos polas rúas par que a xente os alimentara. A carne destes animáis destinábase ós hospitales ou vendíase para recadar cartos para atención dos doentes.

Represéntaselle como un vello co hábito da orde e cun porco ós seus pés

A súa festividade estableceuse o 17 de xaneiro tralo traslado das súas reliquias o Delfinado, Francia.

Fonte:

http://www.corazones.org/liturgia/santos/antonio_abad.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Antonio_Abad

No hay comentarios:

Publicar un comentario