San Martín de Tours
Nado de pais pagáns, hacia o ano 316, no que é hoxe a Hungría e concebido en Italia, este fillo dun veterano foi forzado a servir no exército contra a súa vontade coa idade de 15. Fíxose catecúmeno cristiá e foi bautizado ós 18. Habendo recibido o bautismo e renunciado da milicia fundou un monasterio en Ligugé (Francia), onde practicou a vica monástica baixo a dirección de san Hilario. Máis tarde ordenouse secerdote e foi elixido bispo de Tours. Foi modelo de bo pastor, fundou outros monasterios e traballou na formación do clero e evanxelizou ós pobres.
Sendo un xove militar en Amiens (Francia) un día moi frío de inverno encontrouse no camiño cun home que aterecido con pouca roupa de abrigo. Martín, como non tiña nada que regalarlle sacou a espada, dividiu de dúas a sua capa e deulle a metade, pois a outra metade pertencía ó exército romano en que serve. Esa noite, en soños viu a Xesús que se presentou vestido cua media capa que lle regalara ó pobre e escoitouno dicir: "Martín, hoxe vestíchesme coa túa capa".
Este feito considérase a orixe da palabra capilla, xa que a media capa de san Martín foi gardada nunha furna e construíuselle un santuario. Moita xente ía orar ante a media capa ou capilla de san Martín. De aquí ven o nome que se lle da ós pequenos lugares de culto e oración.
Ainda que perseguia as terorías do gnosticismo e maniqueísmo de Prisciliano, acudiu ante o emperador Magno Clemente Máximo para evitar a execución de Prisciliano. Pero o bispo lusitano Hidacio insistiu ante o emperador ata que Prisciliano foi executado. Martín, aflixido e enfadado por este feito rompeu relacións con Hidacio ainda que máis tarde tívose que reconciliar, cando o emperador llo esixiu como condición para terminar coas execucións de priscilianistas.
Fallece en Candes no ano 397. A súa vida foi escrita por Sulpicio Severo probablemente ese mesmo ano. É un dos elementos que contribúen a difundir fortemente a súa devoción e presenza na cultura popular.
Festividade
Réndeselle culto o 11 de novembro.
Fontes:
www.corazones.org
www.wikipedia.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario