jueves, 9 de agosto de 2007

San Bartolomé



Foi un dos apóstoles de Xesús. O seu nome (en grego Βαρθολομαίος) procede do patronímico arameo bar-Tôlmay, "fillo de Tôlmay” ou "fillo de Ptolomeo". Mencionaselle nos evanxeos de Mateo 10:3, Marcos 3:18 e Lucas 6:14; en compañía de Felipe. No evanxeo de Xoán, onde non se menciona, identifícano con Nathanaël; tamén sempre relacionado con Felipe.

Fontes Bíblicas.

Según o evanxeo de Xoán, Nathanaël foi un dos discípulos a quen Xesús lle apareceu trala súa resurrección no Mar de Tiberíades (Xoán 21:2). Según os feitos dos apóstoles tamén foi testigo da ascensión de Xesús (Feitos 1:13).



Según tradición recollida por Eusebio de Cesarea, Bartolomé marchou predicar á India onde deixou unha copia do evanxeo de Mateo en arameo. A tradición armenia atribúelle tamén a predicaón do cristianismo nesa parte do Cáucaso acompañando a San Xudas Tadeo. Ambos son considerados santos patróns da iglesia Apostólica Armenia.

Martirio

O seu martirio e morte atribúeselle a Astiages, rey de Armenia e irman do rei Polimio a quen San Bartolomé convertira ó Cristianismo. Como os sacerdotes dos templos pagáns, que estaban a quedar sen adeptos protestaran ante Astiages da labor evanxelizadora de Bartolomé, Astiages mandouno chamar e ordenoulle que adorara ós seus ídolos. Como Bartolomé se negou, foi martirizado na presencia do rei ata renegar do seu deus ou morrer.

Iconografía



Represéntaselle sendo desollado no momento do seu martirio, por iso é patrón dos curtidores de pel. Tamén se lle representa obrando milagres coma a resurrección dos fillos do rei Polimio e liberando á filla deste, posuida por un demonio. No arte represéntaselle cun gran coitelo aludindo ó seu martirio segundo o que foi despelexado vivo.

Festividade

Conmemórase a festividade de San Bartolomé o 24 de agosto para italianos e españois, o 11 de xuño para gregos, coptos e sirios e o 8 de decembro para os armenios.

Patronazgo

San Bartolomé é patrón daqueles que traballan as peles, fabrican ou usan coiro, lubas, abrigos, cintos ou botas. Tamén das modistas por levaren pel sobre os seus brazos. Atribúenselle propiedades de sanación para convulsións, crises espasmódicas e enfermidades nerviosas en xeral.

Fontes.

http://www.ewtn.com/spanish/saints/Bartolom%C3%A9_8_24.htm

http://www.msagen.org/msalatina/bio-bartolome.htm

http://multimedios.org/docs/d001351/

No hay comentarios:

Publicar un comentario