Esta advocación mariana tamén se coñece coma a virxe da Soidade ou a virxe das Dores.
O misterio da participaciónda Virxe, nai dorosa, na pasión e morte do seu fillo é un dos acontecementos máis venerados na relixiosidade popular, en determinados exercicios de piedade (via crucis) e na liturxia cristiá.
A dor da virxe, ainda que ten na crus a primeira e última significación, foi captado pola piedade mariana noutros acontecementos da vida do fillo nos que ela participa. En xeral considérase a dor da virxe na infancia de Xesús, non só no intre da pasión. A meditación cristá captou ó longo dos séculos sete sucesos bíblicos onde se atestigua a dor de María.
1. A subida ó templo de Xosé e María para presentar alí a Xesús ós corenta días do seu nacemento, con relación á profecía de Simeón: "Unha espada atravesará a túa alma" (Lc. 2, 34-35). Espada que é segundo parece, a revelación que deus lle fai da sorte que vai correlo seu fillo. Espada símbolo do camiño de dor que lle queda por percorrer a María e que con posterioridade terá a súa representación plástica con sete puñais cravados no corazón da virxe.
2. A fuxida a Exipto con Xesús e Xosé (Mt. 2, 13-14).
3. A pérdida de ansiosa búsqueda en Xerusalén do fillo (Lc 2, 43) que conclúe atopandoo no templo.
4. O encontro de Cristo coas mulleres cando sube coa crus ó monte Calvario (Lc 23, 26-27).
5. A cricifixión. "Estaban de pe, a carón da crus de Xesús, sua nai, María de Cleofás, irmá da sua nai, e María Magdalena. Xesús vendo á sua nai e a carón dela ó discipulo que amaba díxolle: Muller he ahí o teu fillo. Despois díxolle ó discípulo: he ahí a túa nai (Xn 19, 25-27)".
6. A recollida no regazo de María do seu fillo Xesús cando foi baixado da crus (Mc 15, 42).
7. A entrega no sepulcro do corpo exánime do seu fillo(Xn 19, 40-42).
A virxe da Soidade ou das Dores é venerada o 15 de setembro.
Fonte:
www.corazones.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario