jueves, 9 de agosto de 2007

San Xoan

Xoán o Bautista, ou simplemente o Bautista, ou San Xoán, foi un predicador e asceta xudío, considerado como profeta por catro relixións: Cristianismo, Islam, Mandeísmo e a fe Bahá'í.

Fillo do sacerdote Zacarías e da sua esposa Isabel (Lucas 1, 5), Xoán o Bautista é considerado o precursor de Xesucristo. Segundo Lucas 3, 1-3, Xoán comezou a predicar e bautizar no deserto "no ano decimoquinto do imperio do emperador Tiberio, cando Poncio Pilato governaba Xudea, cando Herodes era tetrarca de Garlilea e seu irmán Filipo tetrarca de Iturea e Traconítide, e Lisanias tetrarca de Abilene, en tempos do sumo sacerdote Anás e Caifás"

Tiberio sucedeu a Augusto o 19 de agosto do 767 (ano 13 d. C.) da fundación de Roma. Lucas poido contabilizar os anos seguindo o calendario sirio, que inicia o ano 1 de outubro, ou ben o calendario romano, que inicia en xaneiro polo que non sabemo se tivo en conta o primeiro ano da sucesión. Así a data aproximada da actividade do bautista estaría en torno ó ano 29 da nosa era.

Xoán Bautista definiuse a sí mesmo como "voz que clama no deserto: «rectificade os camiños do Señor»" (Xoán 1, 23) co que cumpría expresamente unha profecía de Isaías (Mateo 3, 1-4, Lucas 3, 4-6, Isaías 40, 3-5). A liturxia bautismal esenia poido servir de inspiración a Xoán. A diferencia entre o ministerio xeral dos esenios e o de Xoán estriba en que eles enfatizaban no estudo da lei e das escrituras e Xoán na predicación e o bautismo para a conversión do pobo. Según o evanxelios, bautizou tamén a Xesús no río Xordán (Lucas 3, 21-22, Marcos 1, 9-11), e recoñeceuno como mesías (xoán 1, 25-34, Mateo 3, 13-17). Ese intre supón o inicio da actividade mesiánica de Seús. Algúns autores sinalan que sería máis ben o arresto de Xoán, por parte de Herodes Antipas o comezo da vida pública de Xesús (Marcos 1, 14).

Pouco despois (antes da morte de Xesús, hacia o ano 30) foi encardelado e decapitado por orde de Herodes Antipas na fortaleza de Maqueronte. Este dato é mencionado tanto por Flavio Xosefo (Ant., XVIII, v, 2) como polos evanxeos de Marcos 6, 16-29 e Mateo 14, 3-12.

Xoán dudou de Xesús a persar de recoñecelo como año de deus, pero estando na carcel enviou mensaxeiros para asegurarse de que Xesús era realmente o Mesías esperado, (Mateo 11, 2-4) "E o escoitar Xoán, no cárcere, os feitos de Cristo, envioulle dous dos seus discipulos para preguntarlle: ¿Es ti aquel que habia vir ou esparemos outro?. Respondendo, Xesús dixolles: Ide e faceille saber a Xoán das cousas que escoitades e vedes".

Xoán o Bautista é considerado por Xesús como o máis grande entre os homes. (Mateo 11, 11) "De certo dígovos: Entre os que nacen de muller non se levantou outro maior que Xoán o Bautista; pero o máis pequeno do reino dos ceos é maior ca el".

A igrexa católica celebra a súa festa principal o 24 de xuño (seis meses antes de Nadal, xa que o evanxeo conta que súa nai Isabel estaba de seis meses cndo o anxo lle anunciou á prima desta, María, que sería nai do Mesías). O 29 de agosto conmemórase a súa decapitación.

Fonte:
www.wikipedia.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario