Igrexa de Mondariz
A igrexa de Mondariz está adicada a santa Baia.
Foi construida en 1711. A porta da é adintelada e acodada, flanqueada por columnas e pilastras capeadas a cada lado rematadas con pináclulos. A fachada está enmarcada por pilastras que rematan tamén en pináculo. Formas concavo convexas adornan as caidas do tellado. Campanario en dous corpos cos flancos adornados.
No interior do templo destacan o retablo principal de estilo barroco, os dous laterais neoclásicos, e o sepulcro de santo Estebo, o que fai referencia a inscripción que figura na cabeceira, interpretada polo pai Flórez: "Eusebius pimus abbas Huius Parochiae". Trátase dun sarcófago con tapa de doble estola, e inscripción datada en 1115. Posee cruz procesional e incensarios do século XVIII.
Cruceiro da praza
Situado na praza central da vila, poi preto da igrexa parroquial
Ten por alicerce dúas rochas moi furadas. O fuste é de sección cilíndrica lisa. Capitel de catro lados rectos con gorxa. Cruz cadrangular coa figura do Cristo baixo carteleira de INRI. O nó está no lado dereiro e está cravado o pé dereito sobre o esquerdo.
Cruceiro do cemiterio
Situado no interior do recinto do camposanto, contra o final do mesmo.
Ten por alicerces tres chanzos e base en forma de copa. O varal mide máis de 5 metros de altura. Inicialmente de sección cadrada, pasa despois a octogonal e segidamente circular. Está cuberto por un capitel de catro lados curvos con cabezas de anxos na parte central, espirais nas esquinas e follas por abaixo. Cruz grande, lanzal, cilíndrica, con nós biselada nos extremos e coa imaxe dun Cristo acompañado dun anxo con copa onde recolle o sangue do costado. O pano está atado con nós a dereita e esquerda. Cravado o pe dereito sobre o esquerdo.
Cruz alta da igrexa
Situada na parte dereita da igrexa parroquial no espazo que queda entre ésta e a casa reitoral.
Sobre tres chanzos rectangulares érguese un conxunto ornamental con cruz latina cadrangular, lisa feita con varios bloques, con sectores entre os brazos e que presentan proxeccións laterais graduadas.
A data de construcción, 1956 aparece esculpida nun epigrafe situado no primeiro chanzo.
Cruz da casa reitoral
Esta cruz atópase pendurada na fachada da casa reitoral, proxima á igrexa parroquial de santa Baia
Trátase dunha cruz de pedra, cilíndrica con avultamentos en forma de nós dun madeiro. Ten a firura do Crucificado baixo cartel INRI. Nó do pano ó lado esquerdo e pé dereiro cravado sobre o esquerdo.
Peto de Concepción Arenal.
Este peto de ánimas está situado ó final da rúa Concepción Arenal, fronte á casa do concello, en posición de encrucillada
Trátase dun peto de tipo aberto formado por un panel rectangular, arqueado por riba, coa representación das ánimas que se acompaña ós lados por dúas espirais. Unha pomba (espírito santo) voa cara abaixo mentres raios saen do seu corpo. Por debaixo, entre as lapas cinco ánimas sitúanse en dúas ringleiras. Na parte superior son todos relixiosos, un bispo, un cura e un freire; na inferior, aparecen en posición horizontal, tumbadas, o que indica que lles queda máis tempo para se liberaren das lapas.
Peto de animas do Ceo
Sitúase nunha encrucillada, no barrio do Ceo.
Peto de ánimas con fornelo aberto, sen reixa nin caixon, coroado po cruz cadrada que amosa na parte central outra en baixorelevo. Presenta un retablo de pedra no que aparecen dúas ánimas entre as lapas. Ten un epigrafe coa frase. "Ánimas. Unha avemaría".
No hay comentarios:
Publicar un comentario