jueves, 9 de agosto de 2007

Virxe do Perpetuo Socorro

Trátase dun icono oriental procedente de Creta e venerado en Roma na iglesia dos Agustinos, a finales do século XV, e dende o XIX na igrexa romana de san Alfonso. A datación do icono e imprecisa. Uns sitúano entre os séculos X e XI e outros a comezos do XV.

Segundo unha tablilla situaca a carón do icono cun resumo histórico da imaxe, a cuna deste cadro foi a illa de Creta, no mar Exeo. Un mercader sustrae o icono dunha igrexa, escondeo entre a súa equipaxe e embarca rumbo a outras terras. Durante a travesía chégalles unha tembestade e os pasaxeiros encoméndanse a deus e á virxe. A lenda conta que o mar recuperou a calma e a pasaxe arribou a porto seguro.

Pouco despois, o mercader chega a Roma co cadro e tras algunhas resistencias da familia, o icono pasa a ocupar un lugar preferente na igrexa de s Mateo, rexentada polos agustinos. A igrexa era un templo menor entre as grandes basílicas de san Xoan de Letrán en santa María a maior. Alí permanece a imaxe do perpetuo socorro durante trecentos anos.

En 1798, coa invasión napoleónica máis de 30 igrexas son derruidas en Roma, entre elas a de san Mateo pero os relixiosos agustinos salvan o cadro milagroso. O icono queda no olvido por máis de 80 anos.

En 1855 constrúese a igrexa de san Alfonso, nos terreos onde estivese a antiga de san Mateo. Conseguen que a imaxe de nosa señora do perpetuo socorro vaia para esta igrexa retornando ó emprazamento enode estivera por máis de tres séculos. Onde ocupa o centro do ábside.

María do perpetuo socorro é unha icona bizantina, unha imaxe representativa da virxe da pasión. A iterpretación xeral é clara. Or arcanxos Gabriel en Muguel presentan a Xesús os símbolos da súa pasión futura. Ó comtemplar esta dramática visión, o neno, na súa condición humana asústase, estremécese e vusca socorro nos brazos da nai agarrándose con forza á man de María. O susto e o movemento están expresasdos pola contorsión das pernas, o repregue do manto e a sandalia desprendida.

A súa devoción exténdese por todo o mundo xa que lle profesan grande admiración os misioneiros. É patrona de Haití, onde os misineiros Redentoristas lle adicaron un santuario en Béle-Aire, cerca de Puerto Príncipe.

Festa
A súa festividade celébrase o 27 de xuño.

Fontes
www.corazones.org
www.wikipedia.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario