viernes, 31 de agosto de 2007

Castelo de Vilasobroso

Situacion


O castelo de Sobroso atópase sobre un asentamento castrexo, no monte da Picaraña, ó sur do río Tea. O propietario do castelo é o concello de Ponteareas ainda que se sitúe dentro do termo municipal de Mondariz.

Para achegarse ata él hai que facelo pola estrada nacional 120 que leva dende Ponteareas á Cañiza. Non se atópa ben sinalizado pero é visible dende a N-120 ó seu paso pola poboación de Vilasobroso.

Historia

O castelo é de fináis do século XV, ainda que a súa orixe remóntase ó século IX, cando Bermudo II se refuxiou nel durante a batalla de Portela de Arenaria (actual Vilasobroso) disputada entre os seus partidarios e as tropas de Ramiro II, rei de León. En tempos de Alfonso V foi conquistado e saqueado por Almanzor. No ano 1095 os condes de Galicia, dona Urraca en don Raimundo de Borgoña concederonlle o señorío de sobroso ó bispo de Tui, Aderico. Mesmo dona Urraca foi recluida neste castelo polo nobres galegos despois do seu segundo matrimonio con Alfonso I de Aragón e deu fuxido por un pasadizo que conduce ata o río Tea. Á morte da raiña, os nobres galegos proclamaron rei de Galica en Sobroso ó seu fillo Alfonso, quen máis tarde (1135) sería coroado coma emperador Alfonso VII.

Celebrouse aquí a boda do rei de Portugal, don Dinís o trovador, con dona Isabel, filla de Pedro III de Aragón. En 1396, don Xoán I de Castela concedeulle a xurisdicción a don Pedro Ruiz Sarmiento, señor de Rivadavia, pasando a ser o castelo cabeza e señorío do condado de Salvaterra co rango de marquesado. Foi nesa época cando se converteu en fortaleza.

En 1467 a fortaleza fori destruida poos irmadiños e reconstruida por Diego García Sarmiento na sua configuración actual. A casusa da rivalidade dos Sarmiento cos Sotomaior, sufriu o asedio ded Pedro Álvarez de Soutomaior, conde de Camiña que dende a Picaraña sitiou a fortaleza con 5000 soldados de infantería en 1000 a cabalo. Finalmente tívose que retirar sen obtela fortaleza.

En 1613, o rei Felipe III nomeou conde de Salvatierra a Diego Sarmiento de Soutomaior, señor de Sobroso en Mendoza. E por último, en 1625, Felipe IV otorgoulles ós Sarmiento o título de Marqueses de Villasoboroso. Ata o século XVIII foi cabeza dunha ampla xurisdicción, perdendo o seu papel defensivo e caendo no abandono con posterioridade.

Foi adquirido en 1923 por Alejo Carrera quen se ocupou de restauralo. En 1981, mercouno o concello de Ponteareas para adicalo a museo etnográfico e parque natural.

Descripción


Castelo de construcción robusta e austera formado por dous corpos simétricos separados por un pasillo e unha torre de homenaxe. O pasillo carece de cuberta. O conxunto está circunscrito por unha muralla almenada con garitas circulares de defensa.

O muro exterior presenta unha forma curva polo norte, que segue o primitivo trazado do século XII namentras ten forma poligonal nas demáis zonas correspondentes á reconstrucción do século XV.

A torre de homenaxe ten planta rectangular e álzase no leste, onde as pendientes que protexen o castelo son menores. Os muros son de 1.5 metros de grosor e están coroados por almentas e garitas cilíndricas nas esquinas.

Na actualidade acolle o Centro de Recuperación da Cultura Popular do Concello de Ponteareas.

Visitas

Está aberto de martes a domingo, de 10 a 13 horas e de 16 a 19. Teléfono de información 986 65 43 05.

Fonte:

castillosnet.org

Agrupacións políticas locais

Partido Popular
Sede:
Teléfono: 686 70 34 28 (Xulio Alén)
Mail:
Web:
Bloque Nacionalista Galego
Sede: R/ Cervantes, 5 baixo, Mondariz.
Teléfono: 699 704 210 (Xoán Carlos Montes, Calis).
Mail: mondariz@bng-galiza.org
Web: www.bng-galiza.org/mondariz
Partido Socialista de Galicia. PSOE
Sede:
Teléfono:
Mail: psgmondariz@psg.es
Web: psoemondariz.blogspot.com

miércoles, 29 de agosto de 2007

Torreiro.

Servizos:

Papeleiras Aparcadoiro Cafeteria Baños Baloncesto Porterías Fonte Parque Infantil Ruta Sendeirismo Monumento

Inicialmente pensado como 'torreiro' para a celebración da tradicional verbena das festas parroquiais foi acondicionado para uso deportivo. Dispón dun aparcadoiro de terra xunto ós campos de futbol-sala e baloncesto. A oreografía en pendente permite unha disposición en tres niveis. Na zona máis elevada atópase o parque infantil rodeado por unha grada sobre as pistas deportivas. Na parte inferior está a fonte que verte cara a poza. Ó seu carón, o Centro Cultural situado debaixo do palco dispón de servizo de cafetería en horario de tarde de venres a domingo.

Praia das Pías

Servizos:

Ruta Sendeirismo Zona de nado Monumento Praia

Definición de pía:
(Sustantivo feminino). Recipiente cóncavo de pedra ou doutro material, para conter líquidos, de diversas formas e tamaños segundo o uso que se lle dá.

Situación:

A praia das Pías está ó suroeste de Vilar no límite coa pontareana parroquia de Fozara. Pódese acceder a esta praia dende a provincial 253 Prado-Pazos dende a parroquia de fozara xiras á dereita cara o barrio de Borraxeiros e seguindo ese desvío ata a zona da piscifactoría onde hai que aparcalo vehículo e baixar a pé ata o río. Tamén se pode chegar pola provincial 440 Mondariz Balneario-Fozara, ó seu paso por Vilar xiramos á esquerda hacia o barrio da Bouza, séguese ese ramal ata chegar á piscifactoría e aparcase por esa zona para baixar a pé ata o río.

A praia das Pias é unha das paraxes máis fermosas do río Tea no seu paso por Mondariz. O cauce estréitase ata case que dous metros de ancho pasando no medio dunhas rochas nas que a auga, co paso do tempo escabou numerosas pías e oquedades que dan nome á zona.

A carón da praia están os restos da edificación dun muiño. É visible o canal que conducía a auga dende unha pequena presa nuhna parte máis elevada do río ata o muiño, percorrendo un pequeno tramo da senda do Tea, augas arriba.

A praia, de area fina, dispón dunha pequena poza para o baño. Nesta zona o río ten correntes e remuiños ó estreitar tanto o seu curso entre as rochas.

As correntes, os remuiños, as fochas no leito do río aumentan o risco de afogamento. É unha paraxe de especial beleza pero non é aconsellado guindarse á auga dende as rochas nin mergullarse dado que o fondo de pedra cheo de pías ten fortes correntes.

Fonte de Torrados

No entorno da poza de Torrados atopamos un espacio para o lecer.

A fonte foi acondicionada cunha fronte e bico de pedra por onde emana a auga que sobre a poza onde se almacena para apoveitamento agrícola.

A carón da fonte, elevada respecto do manantial levántase unha estatua que homenaxea a unha veciña do pobo (Vergentina Almofrey), destacada pola sua solidariedade e valores.

No Interior da poza hai unha cruz latina lisa sobre unha base de rocha

viernes, 24 de agosto de 2007

Escola de Redo

O colexio de Redo deixou de ter alumnos dende que o aula de preescolar foi trasladado en 1983 para o colexio de Chan de Caide.

O edificio segue a usarse como colexio electoral e como local de reunións veciñais.

Situado no alto da Revancha, ten unha privilexiada vista sobre o val do Tea. Edificado en pedra ten planta en forma de L. Alberga un almacén, un aula moi soleada, tres pequenos espacios exteriores cubertos e a casa do mestre.

Atópase nun estado de conservación precario motivado pola falta de uso das instalacións e ó baixo nivel de mantemento durante décadas de abandono.

miércoles, 22 de agosto de 2007

Pasos de Nota

Segundo o diccionario da Academia da Língua Galega, un paso é: Cada unha das pedras que se colocan en fila nunha corrente de auga para podela atravesar a pé.
Pasos de Nota

Os pasos de Nota atopámolos no río Tea, no camiño que leva dende Vilar ata Troncoso, en Mondariz Balneario, para salvar o obstáculo da auga do Tea. Na beira de Troncoso está a fonte de auga mineral e un paseo adoquinado que conduce a unha depuradora de augas residuais. En Vilar o camiño a carón do río mantense de xeito natural como senda para pescadores efectuando anualmente limpezas sen excesivos desbroces. O camiño no que desembocan os pasos, agora cuberto pola maleza, conducía cumio arriba por unha corredoira de pedra desgastada polas rodas dos carros cara ó monte de Cabaleiro, e ó barrio das Laxas, en Vilar.
Pasos de Nota

A súa ubicación, segundo o Google Earth é a seguinte:
Latitude: 42°13'36.00"N
Lonxitude: 8°28'34.59"O
Situación

Pasos de Nota
imaxe obtida dende Panoramio by marquesol
Pasos de Nota
imaxe obtida dende Panoramio by marquesol

Pasos de Portavilar

Servizos:

Ruta Sendeirismo Praia Zona de nado Monumento

Os pasos de Portavilar constituiron durante moito tempo a vía de acceso máis empregada para vadear o río Tea cara a Ponteareas. Ademáis dos pasos de pedra que permiten atravesar a auga sen se mollar era un lugar por onde os carros, cargados de mercancías cruzaban o leito na época do ano en que o caudal e a ausencia de correntes o permitían.

Pasos de Portavilar

O camiño discorre dende o barrio de Cotobade, en Pías, vai en paralelo co campo de golf, no que entra polos campos de entrenamento, pasa por debaixo da casa clube e vai dar nos pasos, xunto ó tee, da rúa 4, por debaixo do green do burato 3. Atravesando os pasos das na Senda do Tea, xunto ó regueiro da Tilleira. O leito do regueiro é a vía que leva ata a poza da Tilleira e camiño arriba ata a Costeira, en Vilar. Na proximidade dos pasos, o camiño do regueiro está bastante cuberto de maleza, igual que as fincas que o rodean e ás que dotaba de paso.
Imaxe dos pasos
Na beira de Vilar atópanse unhas alminñas.
Trátase dun peto sinxelo formado por unha estructura maciza dunha soa peza ó que se accede mediante un par de chanzos. Carece de retablo. Ainda mostra sináis de culto ocasional.
Almiñas Portavilar

Praia do Cruxón

Servizos:

Papeleiras Aparcadoiro Cafeteria Baños Canastas Porterías Tenis Kayak Ximnasia para maiores Fonte Parque Infantil Ruta Sendeirismo

A praia do Cruxón está a carón da ponte, na estrada PO-4401 que leva dende Mondariz-Balneario ata Fozara. A zona de baño esposta ó sol atópase na beira norte, en Vilar, as pistas deportivas e o parque infantil están na beira sur, en Balneario.

O sendeiro do Tea, que percorre o curso do río atravesa por esta praia. Este é un bó lugar de onde partir se queremos facer a parte máis baixa do trazado polo pobo de Vilar. Dende aquí, río abaixo ata a praia das Pías, hai 2,9 quilómetros.

Imaxes:

Imaxes obtidas na web: panoramio.com

Arte Relixioso de Vilasobroso

Igrexa de Vilasobroso.
A igrexa parroquial de Vilasobroso está adicada a san Martiño.
O templo está no barrio de Pena, rodeado por un recinto cercado, afastado do cemiterio. Presenta unha soa nave e un ábside lixeiramente máis elevado, tellado a catro augas. A sacristía está pegada á cabeceira, na cara norte.
A fachada, coma o resto destaca pola sobriedade, porta adintelada, espadaña central de doble vano, arcos peraltados e pináculos.

Cruceiro de ánimas da Pena
Situado próximo á igrexa parroquial, no barrio de Pena, en posición de encrucillada.
Sobre tres chanzos, descansa unha pedra en forma cúbica que serve a un tempo de base para o cruceiro e de mesa para o retablo das ánimas.
Cruceiro
O cruceiro ten fuste octogonal con saíntes en forma de nós da madeira. Capitel labrado, con follas e cabezas en tres dos lados; baixo a cruz unha caveira. A cruz é cadrada e ten polo anverso un Cristo e un san Francisco que sostén nas máns o Santo Graal. Por detrás a virxe das Angustias co fillo morto no colo.
Na base, ademáis do epígrafe ("Mandouno facer e pintar pola súa devoción Domingo Lorenzo Paramés. Ano de 1801.") aparecen símbolos da paixón (coroa de espiñas, escada, martelo e cravos).
Retablo
Situado por detrás do cruceiro, ten forma rectangular cun adorno central en forma de bóveda. Está presidido polo espírto Santo que adopta figura de pomba. Por debaixo están san Francisco e un grupo de cinco ánimas entre as lapas do purgatorio.

Cruceiro do castelo de Vilasobroso.
Érguese na parte alta do camiño que conduce cara o castelo, nunha encrucillada de camiños.
Sobre dous chanzos de pedra e base cilíndrica levántase un fuste que semella o toro dunha árbore con avultamentos a modo de pólas podadas. Amosa por diante a imaxe do apóstolo Santiago.
Tiña por diante un Cristo baixo INRI, de mans abertas, co pe dereito cravado sobre o esquerdo. Na parte posterior virxe de pe, sobre pousadoiro de cabeza de anxo, cuberta cun manto e coas mans en posición de oración.
O capitel, de catro lados rectos tiña unha espiral en cada esquina.
Contruido en 1988 segundo epígrafe situado no segundo chanzo.

Cruces na praza de Veigadraga
Situadas anteriormente no outeiro do Calvario, formaban parte dun viacrucis que partía da igrexa parroquial. Na actualidade só se conservan estas dúas situadas nunha praza no lugar de Veigadraga.
Ámbalas dúas son latinas, lisas e monolíticas, rectangulares e sen imaxes. Unha delas ten base troncocónica, as arestas rebaixadas todo ó longo. A outra ten base cúbica semienterrada e as arestas tamén rebaixadas.

Cruces no camiño de Veigadraga
Trátase de dúas cruces rectangulares e monolíticas pero de desigual fisonomía. Unha é grosa, de sección cadrada coas arestas rebaixadas cos extremos dos brazos e testeiro rematados en cadrado. Ésta presenta un epígrafe ó longo do pé. A outra amosa unha cruz en relevo na parte central.

Cruz da capela de santa Lucía.
Situada na chaira da capela de santa Lucía, a carón do vieiro á Franqueira.
Trátase dunha cruz latina formada por dúas pezas: o pé e os brazos co testeiro. O pé parte directamente do chan, sen base, ten sección octogonal agás testeiro e extremos dos brazos que rematan en cadrado.

Cruz alta do Castelo
Sitúase nas abas do outeiro do castelo de Vilasobroso. Tratase dunha cruz da que só se conserva o pé; unha vara de sección octogonal de 1,22 metros de altura. Atópase descabezada polo que carece de brazos e testeiro.

Cruz da Cruxota
Atópase na beira esquerda do camiño que vai cara ó castelo de Sobroso, a pouca distancia do templo parroquial de san Martiño.
Trátase dunha cruz alta, rectangular, lisa, monolítica e sen figuras. Ten sección rectangular e as arestas rebaixadas todo ó longo.

Cruz do cemiterio.
Situada na vía principal do cemiterio, xunto a unha mesa pousadoira.
Ten tous chanzos e base primática que sosteñenunha cruz de mármore branco de sención rectangular, completamente lisa, sen ningún enfeite.

Cruz baixa do castelo
Situada nas abas do monte do castelo por riba dunha fonte.
Cruz latina monolítica, grosa, sen figuras. Fíncase directamente no chan sobre a rocha do outeiro. Presenta un rebaixe central en forma de cadrado onde noutrora había albergar unha lousa, pobablemente de mármore cun epígrafe.

Cruz Alta no lugar da Pena.
Situada a poucos metros da entrada ó recinto do castelo de Vilasobroso, na esquina da que parte o camiño do cemiterio.
Trátase dunha cruz alta, con mesa pousadoira. Os restos están espallados no chan, rodeados e cubertos de silvas.

Arte Relixioso de Vilar

Igrexa de Vilar.

Igrexa adicada a san Mamede, patrón desta parroquia. Ten inscripción de construcción de 1747. Presenta portada adintelada, recercado de molduras enmarcado con pilastras caixeadas, friso e frontón semicircular partido en exe. Leva espadaña central con doble bano e escaleira exterior. A sacristía está adosada ó norte e está rodeada polo cemiterio.

Cruceiro da igrexa.

O cruceiro presenta basamento de tres escalóns. A columna é poligonal de fuste recto rematado por un capitel composto. Inicia sendo cuadrangular, pero depois volvese octogonal coronándose por un falso capitel con catro lados rectos.
O remate superior disponse sobre un capitel rectangular decorado ó igual que a base mediante a disposición de cadrados en distinto grao de relevo e rematados nos cantos con fragmentos de sogas, - este tipo de decoración foi bastante relevante en Galicia durante os últimos anos do século XVIII e principios do XIX. Encontramos representado por un lado da cruz a Cristo Crucificado e polo anverso a Piedade na que a Virxe suxeita no regazo ó seu fillo morto tras descolgalo.

Cruceiro da portela da Vella.

So conserva da primitiva construcción os catro chanzos de pedra. A vara, o capitel e a cruz son modernos feitos de croios de río unidos por cemento. O varal é cuadrangular no seu primeiro tercio e logo rebaixa as arestas. Cóbrese por un capitel sinxelo, de catro lados rectos que soporta unha cruz pequena, rectangular, lisa e sen figuras.

Cruz baixa de Torrados.

Cruz latina lisa e sen figuras de scción octogonal cos extremos dos brazos e testeiro acabados en cadrado. Ten 1,17 m. de altura e embergadura de 78 cm. Ten por base unha rocha que a sustenta a modo de illa no interior dunha poza.

Cruz baixa na igrexa.

Cruz de sección octogonal todo ó longo. Ten unha altura de 1,10 m. e 93 cm. de embergadura. Nace directamente do chan de terra.

Cruz baixa do eido do Conde.

Cruz alta, latina, lisa e sen figuras. Presenta sección octogonal todos ó longo. Ten 1,22 m. de altura e 77 cm. de envergadura. Ten por base unha rocha cuadrangular.

Peto de ánimas de Portavilar.

Peto de sinxela construcción formado por unha estructura maciza dunha soa peza ó que se accede mediante un par de chanzos.