Igrexa de Gargamala
A igrexa de Gargamala está adicada a santa María, patrona desta parroquia.
Foi construida en 1792. A porta é adintelada enmarcada cunha moldura acodada. Ten volutas no dintel que amparan unha hornacina sobre pilastrillas, leva semicúpula de concha con imaxe da virxe en pedra. Ten ventana e cruz.
A capela maior é almenada, leva pináculos nas esquinas e gárgolas. Presenta tamén escudo dos condes de Salvaterra. O campanario lateral na fachada é de dous corpos con balcón abalaustrado e coroado con cupulín. No seu interior ten pinturas murais barrocas.
Encóntrase nun núcleo rural, rodeada do campo da festa. Ofrece un magnífico mirador sobre a parroquia.
No barrio de Mourelle atópase unha capela adicada ó santo nome de Xesús. De planta rectangular, con portada de arco de medio punto formado por grandes dovelas e rematado en espadaña central de un vano. Ten tellado a dúas augas e falsa bóveda de madeira.
Cruceiro De Torneirós
Está no monte, cercano á estrada que conduce á igrexa parroquial, sobre un penedo que lle fai de base no interior dunha carballeira. Ó apoiarse directamente sobre a rocha carece de chanzos. De sección rectangular na vara, presenta rebaixas nas aristas e lenda co ano de construcción (1899) na parte frontal. Ten un capitel octogonal sobre o que se ergue unha cruz de sección cadrada que amosa no centro un círculo cunha estrela de seis puntas no interior.
Cruceiro de Mourelle
Situado no lugar de "O cruceiro" o que da nome, a uns 50 metros da capela do santo nome de Xesús, no barrio de Mourelle. Ten como base un penedo labrado de forma circular sobre o que se sitúa un chanzo no que se asenta a vara de sección octogonal coroada por capitel esféroidal. Cruz de remate latina, lisa e sen figuras.
Cruz da Portela
Erguida sobre un pequeno penedo de forma irregular a carón dun camiño secundario nunha encrucillada do barrio de Mourelle. Trátase dunha cruz latina de brazos curtos, lisa, monolítica de sección rectangular e sen figuras.
Cruz da Taberna vella.
Está en posición de encrucillada, no barrio de Mourelle, por diante do muro de delimitación dunha propiedade, preto da que fora taberna do pobo na antigüidade.
E unha cruz latina lisa, monolítica e sen figuras. De sección rectangular e rebaixadas as arestas están os testeiros rematados en cadrado.
Cruz do penedo
Atópase no barrio do Penedo, en Mourelle nuha zona de difícil acceso, sobre a parte alta dun muro en posición de encrucillada.
É unha cruz latina, lisa, monolítica e sen figuras ainda que coas arestas mínimamente rebaixadas.
Cruz de Vedrelos
Sitúase na parte alta do barrio de Vedrelos, perto dun peto de ánimas.
Está en posición de encrucillada, sobre un valado de pedra. Presenta sección rectangular e trátase dunha pequena cruz latina, monolítica en sen figuras.
Peto de Ánimas
Situado na zona alta do pobo de Vedrelos á carón dun cruce de camiños.
Trátase dunha construcción en forma de capela con cuberta de tella a dúas augas. Resgarda un tetablo das ánimas en pedra policromada, sobre unha mesa tamén de pedra. Por diante ten un caixón con dúas fendeduras para recoller as esmolas dos devotos. O retablo está presidido por unha cruz coa imace de Cristo e lapas avermelladas por debaixo. Distribúense as ánimas en dúas ringleiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario