jueves, 9 de agosto de 2007

Virxe do Leite

Virxe do Leite e do bo parto

Trátase dunha das múltiples advocacións marianas. Esta mostra de devoción á nai de deus pode telas raices no século cuarto, nunha catacumba de Belén. A comunidade franciscana mantén un santuario chamado "A gruta do leite". A súa principal imaxe é a dunha virxe María amamantando o neno Xesús. Moitos cren que foron os cruzados os que trouxeron a España a devoción a María na idade media.

Unha estatua desta virxe, recuperada de mans sacrílegas, foi esposta no fogar dunha familia piadosa na que parecía que a dona e o innato fillo morrerían. A nosa señora do leite escoitou os apremiantes rogos do esposo e concedeulle á dona un parto propicio.

O rei Felipe III, que se enterou da nova, mandou construir un santuario en honor desta maternidade e devoción desta advocación mariana, a virxe do leite e bo parto.

Festa
Móstraselle devoción á virxe do leite o 6 de xaneiro.

Fontes
www.corazones.org
www.missionandshrine.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario