Santiago o maior.
Xacobe (chamado tamén Santiago o maior ou Santiago o de Zebedeo, para distinguilo do outro apóstol chamado Xacobe, Santiago o de Alfeo ou Santiago o menor. Foi apóstol de Xesús, naceu en Betsaida, en Galilea e morreu en Xerusalén no século primeiro. Tamén se coñece como san Xaime, san Xacobe, san Diego, san Iago, san Yago ou san Tiago.
Vida.
Fillo de Zebedeo e de salomé. Era o irmán maior de Xoán o apóstol. Foi un dos discípulos máis apreciados por Xesús. Estivo presente no momento da transfiguración no monte Tabor (Lc 9) e na oración da horta dos olivos xunto con Simón Pedro e seu irmán Xoán.
Evanxelización en Hispania.
Segundo a lenda, tralo pentecostés hacia os 33 d.C., cando os apóstoles foron enviados á predicación, Santiago cruzou o Mediterráneo e desembarcou para predicar o evanxeo en Hispania. Segundo algúns relatos a predicación comezou en Gallaecia, á que chegou tras pasalas columnas de Hercules, bordeando Bética e a deshabitada costa portuguesa. Outras tradición afirman que chgou a Tarraco e viaxou polo val do Ebro ata atopala vía romana que recorría a cordilleira Cantábrica e terminaba na Coruña.
A tradición evanxelizadora di que fixo algúns discípulos e sete deles contiuaron a labor evanxelizadora cando Santiago voltou para Xerusalén. Para iso foron a Roma onde os ordeou bispos san Pedro. Son os sete Varóns Apostólicos ós que a tradición sitúa con Santiago en Zaragoza cando a Virxe se lle apareceu nun pilar.
Segundo a tradición cristiá, arredor do ano 49, a virxe apareceuselle a Santiago en Caesaraugusta. María chegou a Zaragoza en carne mortal, moito antes da súa ascensión e como testimonio da visita deixou unha columna de xaspe conocida coma 'o pilar'. Cóntase que Santiago e os sete conversos da cidade edificaron unha primitiva capela de adobe na beira do Ebro.
Martirio.
Tras unha prédica foi martirizado en Xerusalén hacia o ano 44, morto a fio de espada por orde de Herodes Agripa I, rei de Xudea.
Feitos dos Apóstoles 12, 1-3: Por aquel tempo, o rei Herodes comezou a perseguir a algúns da igrexa. Ordenou matar a fio de espada a Santiago, o irmán de Xoán, e como veu que isto agradou ós xudios, fixo arrestar tamén a Pedro.
A lenda cérrase co traslado do corpo do apóstolo. Os seus discípulos (conservando o corpo dalgunha maneira) lévano a través do Mediterráneo nunha mítica embarcación de pedra. Costean o atlántico ata Galicia e entérrano en Iria Flavia, onde o bispo Teodomiro o atopa no século VII.
Festividade.
25 de xullo.
Fontes.
www.wikipedia.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario