Igrexa de Mouriscados
A igrexa parroquial de Mouriscados está adicada a san Cibrán
Construida en 1695, presenta porta adintelada remarcada por moldura acodada. No pasado debeu ter frontón sobre frixo liso, os laterais van rematados en pináculos. Ten un oco central para o reloxo. A espadaña central é de doble corpo e doble vano. A sacristía está pegada na parte norte e leva cuberta a tres augas.
Viacrucis
Do antigo viacrucis que ía dende a igrexa parroquial ata o outeiro do Calvario, só se conservan dous cruceiros preto desa lomba.
Primeiro cruceiro
Sitúase na parte alta do outeiro do Calvario, sobre unha bae cúbica que soporta unha bara rectangular coas arestas rebaixadas . Capitel esférico, case cilíncrico. Cruz rectangular , cun Cristo moi pegado de pouco bulto, sen cartel de INRI, coa cabeza inclinada cara á dereita, máns abertas e pé dereito cubrindo o esquerdo.
Segundo cruceiro
Situado na aba do outeiro, a uns 15 metros do anterior, sobre unha base cúbica. O fuste é cadrangular, coas arestas rebaixadas, capitel esferoidal e cruz cadrangular sen figura.
Cruceiro xubilar
Situado na cima do monte do Poste. Así chamado por ser límite entre as parroquias de Mouriscados, pertencente a Mondariz e a Franqueira do concello da Cañiza.
Formado por tres chanzos de pedra cadrados. A base é cubica e presenta epígrafe nunha das caras coa seguinte lenda: "A Xesús Cristo Deus, pola salvación que nos outorgou, os pobos que roden a Franqueira levantan este monumento. Ano 1900." A columna é cilíndrica, coroada por un capitel cadrado, sen adobíos, que da soporte a unha cruz rectangular, lisa.
Trátase dunha cruz de cambio de século similar ás colocadas no monte Aloia, Faro Budiño ou do Pombeiro
Cruceiro de Ánimas
Situado nun lateral do torreiro parroquial, non lonxe da igrexa.
Trátase dun conxunto formado por un peto de ánimas cun cruceiro por detrás del.
Cruceiro
Sobre tres chanzos de pedra sitúase unha base cúbica cos bordes superiores rebaixados. Varal cilíndrico rematado por capitel carado que se adobia con cabezas de anxo en cada lado agás na parte frontal, baixo o Cristo, que mostra unha caveira. Na parte alta ten unha cruz cilíndrica , cun Cristo baixo cartel INRI, coa cabeza ladeada á esquerda. No reverso amosa, sobre unha cabeza de anxo, á Virxe das Angustias co Cristo no colo.
Peto de ánimas
Trátase dun peto pechado, con reixa metálica, tellado chá coroado por cruz cadrada. Amosa ós lados do fornelo, como adobío dúas columnas. Non ten caixón de esmolas.
O retablo mostra a san Francisco sobre unha nubre branca que recolle unha alma coa man dereita. Outra ánima consegue a salvación agarrándose ó cordon do hábito do santo. Na parte máis alta do retablo vese un anxo sobre unha nube contemplando a escena. Na parte inferior representanse as lapas do purgatorio. Entre elas non hai firuras de ánimas senón os chapeus que indican a súa categoría. Así vense unha mitra bispal, unha tiara papal e unha coroa real
Cruz alta
Situada entre as casas de Mouriscados, en posición de encrucillada.
É unha cruz alta, de 1.87 m. de sección rectangular, lisa e sen figuras. Forma parte dun muro que delimita unha propiedade dun camiño
No hay comentarios:
Publicar un comentario