jueves, 9 de agosto de 2007

San Mamede

San Mamés


Segundo conta a lenda, Mamés (o que foi amamantado) naceu nunha familia modesta de Cesarea, Asia Menor. Algúns historiadores datan o seu nacemento no 259 e o seu martirio no 275.

Fillo de Teodoro e Rufina, San Mamés naceu en prisión o estaren seus pais encarcelados por seren cristiáns. Morreron pouco despois do seu nacemento. Dende entón Mamés foi criado por Ammia, unha viuva rica que o educou na fe cristiá e faleceu cando Mamés tiña 15 anos deixandoo herdeiro dos seus bens.

O quedar novamente horfo, decide repartir a herdanza entre os máis necesitados e retirase ó campo para buscala santidade por medio da oración, o estudio das escrituras sagradas e contemplación da naturaza.



Foi torturado e condenado a morte por practicar a fe cristiá. Milagrosamente sobreviviu ó martirio pero novamente foi apresado ós 17 anos e sentenciado a morrer no circo. O non conseguir queimalo, soltaron un fero león que se tumbou dócilmente ante a presencia do santo. Ante tan lamentable espectáculo ordénaselle a un soldado que acabe co mozo. Desgarraronlle o ventre cun tridente pero Mamés consegue recollelas vísceras e sae do anfiteatro para morrer nun lugar apartado. Temeroso de que obrara outro prodigio o prefecto romano manda decapitalo.

Foi atopado extramuros de Cesarea onde o degolaron.

A fama de santidade de Mamés estendeuse por tódalas igrexas de Asia menor e o seu culto estivo moi arraigado ata a invasión islamica do imperio romano de oriente. As súas reliquias foron trasladadas a Sangres, Francia, polo bispo Unaldo onde é venerado polos peregrinos do camiño de Santiago.

Solicitan os seus favores enfermos intestinais e de calquera afección do abdome. Tamén é protector de gando e colleitas. Celébrase a súa festividade o 7 de agosto.

Fontes:

www.wikipedia.org

Mamés

No hay comentarios:

Publicar un comentario