miércoles, 22 de agosto de 2007

Arte Relixioso de Vilar

Igrexa de Vilar.

Igrexa adicada a san Mamede, patrón desta parroquia. Ten inscripción de construcción de 1747. Presenta portada adintelada, recercado de molduras enmarcado con pilastras caixeadas, friso e frontón semicircular partido en exe. Leva espadaña central con doble bano e escaleira exterior. A sacristía está adosada ó norte e está rodeada polo cemiterio.

Cruceiro da igrexa.

O cruceiro presenta basamento de tres escalóns. A columna é poligonal de fuste recto rematado por un capitel composto. Inicia sendo cuadrangular, pero depois volvese octogonal coronándose por un falso capitel con catro lados rectos.
O remate superior disponse sobre un capitel rectangular decorado ó igual que a base mediante a disposición de cadrados en distinto grao de relevo e rematados nos cantos con fragmentos de sogas, - este tipo de decoración foi bastante relevante en Galicia durante os últimos anos do século XVIII e principios do XIX. Encontramos representado por un lado da cruz a Cristo Crucificado e polo anverso a Piedade na que a Virxe suxeita no regazo ó seu fillo morto tras descolgalo.

Cruceiro da portela da Vella.

So conserva da primitiva construcción os catro chanzos de pedra. A vara, o capitel e a cruz son modernos feitos de croios de río unidos por cemento. O varal é cuadrangular no seu primeiro tercio e logo rebaixa as arestas. Cóbrese por un capitel sinxelo, de catro lados rectos que soporta unha cruz pequena, rectangular, lisa e sen figuras.

Cruz baixa de Torrados.

Cruz latina lisa e sen figuras de scción octogonal cos extremos dos brazos e testeiro acabados en cadrado. Ten 1,17 m. de altura e embergadura de 78 cm. Ten por base unha rocha que a sustenta a modo de illa no interior dunha poza.

Cruz baixa na igrexa.

Cruz de sección octogonal todo ó longo. Ten unha altura de 1,10 m. e 93 cm. de embergadura. Nace directamente do chan de terra.

Cruz baixa do eido do Conde.

Cruz alta, latina, lisa e sen figuras. Presenta sección octogonal todos ó longo. Ten 1,22 m. de altura e 77 cm. de envergadura. Ten por base unha rocha cuadrangular.

Peto de ánimas de Portavilar.

Peto de sinxela construcción formado por unha estructura maciza dunha soa peza ó que se accede mediante un par de chanzos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario