jueves, 9 de agosto de 2007

Santa Bárbara

Virxe e mártir nada na beira do mar de Mármara, en Nicomedia no ano 235 (en Heliópolis no 306 segundo outros autores).



As actas máis antigas que recollen o seu nome, son as de Metafrasto no século VII. Nesa época xa se veneraba a memoria de Santa Bárbara.

Segundo a tradición, foi filla de Dióscoro, un nobre pagán e supersticioso que gardaba cautelosamente dela pola súa singular fermosura e para mantela apartada das doctrinas cristiás. Pero achegase ó cristianismo por medio dun crego mandado por Oríxenes, que chegaba ata ela facéndose pasar por doutor.

Mandou construir unha torre onde a encerrou. Con ocasión dunha viaxe que emprendeu mandou que lle instalasen un baño para recreo da rapaza. Ela, que polo desexo dunha vida perfecta tentara de elevar o seu coñecemento a Deus e consagráraselle coma esposa rexeitou a proposición de matrimonio que lle procurara seu pai.

Foi bautizada en secreto para expresala fe na trinidade. En ausencia do pai, ás dúas ventás que daban luz a torre engadiu unha terceira simbolizando o número de persoas da trinidade e mandou grabar no baño unha crus.



Irritado polo rexeitamento e as reformas o pai perséguea cunha espada, azoutaa, e fírea, finalmente delatouna ó pretor da provincia, Martiniano, ante o cal foi arrastrada. O xuiz mandouna torturar e decapitar. A execución foille encargada ó mesmo Dióscoro que a degola na cima dun coto.

En castigo polos feitos, un raio abrasou ó pai cando voltaba á casa.

O matirio fíxase en Heliópolis, Exipto, máis probablemente, segundo Baronio en Nicomedia.



Un home piadoso, Valentín, enterrou o corpo da popular santa sunto ó doutra virxe martirizada a vez ca ela (Xuliana). O lugar de sepultura foi moi visitado e conseguiu miragres para enfermos e peregrinos.

Invócaselle en tormentas, incendios, para a seguridade da recepción dos sacramentos da penitencia e comunión á hora da morte.

Tomárona coma patroa os artilleiros, mineiros e canteiros.

A torre con tres ventás, a espada e a palma son os atributos máis correntes nas súas representacións. Ás veces ten un cáliz oun unha hostia consagrada; outras un canón xunto dela.

A súa festa é o 4 de decembro nas igrexas grega e latina.

Fonte:
http://www.aguilar-inestrillas.org/Historia-de-Santa-Barbara.847.0.html
http://www.sagradoweb.com/santos/barbara/index.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario