miércoles, 20 de junio de 2012

Matrícula ESMU

A Escola Municipal de Música de Mondariz, ven de publicar unha circular na que anuncia a apertura do prazo de matriculación para o curso 2012-2013.

O prazo de matriculación vai dende o 25 de xuño 2012 ata o 6 de xullo 2012 en horario de 9:00 a 13:30.

O prezo do curso completo é de 120 euros que se pode pagar de xeito fraccionado.

As materias que se imparten son:

Colectivas Curso completo
instrumento+solfexo+colectiva do instrumento
Solfexo Frauta traveseira
Musica e movemento (3 a 6 anos) Clarinete
Coro Saxofón
Coro infantil (8 a 12 anos) Gaita
Panderetir@s e percusión africana Guitarra
Informática musical Piano
Grupo folk Percusión (Clásica, tradicional e batería)
Grupo rock Trompeta
  Trompa
  Trombón
  Bombardino
  Tuba

Para obter máis información dirixídevos á Escola Municipal de Música de Mondariz situada en Pé do Muiño s/n, Riofrío, Mondariz ou contactade por teléfono no 986 65 65 73.

viernes, 2 de diciembre de 2011

Asociación de Maiores

Dende o ano 2011 Mondariz conta cunha asociación de maiores creada co obxectivo de promover o encontro entre as personas maiores e desenvolver actividades para a convivencia e o entretemento.



Unha das actividades que se celebrou no ano 2011 foi a excursión á cidade da cultura en Santiago de Compostela.



Para contactar coa asociación debedes acudir ó centro social onde desenvolven as actividades.

lunes, 29 de agosto de 2011

Volta Ciclista

O vindeiro xoves 01 de setembro de 2011 visitaranos a Volta Ciclista no transcurso da duodécima etapa que empeza na veciña vila de Ponteareas e finaliza en Pontevedra.

Pódense ver os horarios e percorrido na páxina Lavuelta.com para comprobar qué estradas permanecerán pechadas e durante cantas horas.

Achegarase ata Mondariz dende Balneario e percorrerá a estrada PO-252 dirección Moscoxo. A todos aqueles que desexen acercarse a participar da etapa, lembrámoslles que os puntos onde verán mellor ós ciclistas serán aqueles onde pasen a menor velocidade. Por isto recomendamos as proximidades de Festín, no porto de Moscoxo (de terceira categoría).

Tamén poden acercarse ó control de firmas e saida de etapa en Ponteareas para participar do ambiente de este evento deportivo

jueves, 11 de agosto de 2011

Situación Xeográfica

O concello de Mondariz sitúase no centro-leste da provincia de Pontevedra, integrado na comarca do Condado. Limita cos concellos de Fornelos de Montes, Covelo, A Cañiza, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Mondariz-Balneario e Pazos de Borbén. Conta cunha superficie aproximada de oitenta e cinco quilómetros cadrados, nos que se asentan setenta e tres entidades diferenciadas de poboación nas que viven algo máis de seis mil habitantes.



Historia institucional

As parroquias que integran este territorio dependían no antigo réxime de catro xurisdiccións, todas elas con señorío laico. Na xurisdicción de Achas, dependente do conde de Salvaterra, atopábase a parroquia de Lougares. Na xurisdicción de Oliveira a parroquia de Portela. Na xurisdicción de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, estaban integradas as parroquias de Frades, Gargamala, Meirol, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Mondariz, Sabaxáns e Vilar. Por último, o couto de Toutón, formado pola parroquia do mesmo nome, dependente de D. Juan Araújo.

Será no ano 1836 cando definitivamente xurda o actual Concello de Mondariz, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas e formado polas parroquias de Lougares, Portela, Frades, Gargamala, Meirol, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Sabaxáns, Vilar, Toutón e Santa Eulalia de Mondariz.

Con posterioridade as parroquias de San Martiño de Portela, que logo cambiará a súa denominación pola hoxe coñecida de Vilasobroso, e a de Santa María de Queimadelos en 1924 e 1935, respectivamente, constituíronse en Entidades Locais Menores.

A principal modificación acontecida no concello prodúcese coa segregación da parroquia de Santa Eulalia de Mondariz para constituír unha Entidade Local Menor e, de seguido, o Concello de Mondariz-Balneario no ano 1924.

Fonte:
Deputación Pontevedra

Escola de Chan de Caíde

Na chan de Caíde, no recinto do que fora Colexio Público Riofrío-Vilar, atópanse a Escola de Música (ESMU Mondariz), o local de ensaio da Banda de Música, a biblioteca municipal, o telecentro, a piscina e as pistas deportivas do antigo patio do colexio.

Os horarios son os seguintes:

Biblioteca Biblioteca: de luns a venres de 16 a 21
Telecentro Telecentro: de luns a venres de 16 a 20
ESMU ESMU: de luns a venres de 16 a 22.
Banda Banda de Música Cultural de Mondariz
Ensaios os venres de 21:30 a 23:30
Piscina Piscina
Conserxería Conserxería: 986 65 65 73

Situación:

Ver mapa más grande

sábado, 6 de agosto de 2011

Vilar

   A parroquia de Vilar está situada ó Leste do concello de Mondariz, na marxe norte do río Tea que actúa como límite natural co concello de Mondariz Balneario. Ocupa unha superficie de 3,32 km² e ten unha altitude media de 110 m. Acada a cota máis elevada na cima do monte de Garabite, a 314 m.



   Por Vilar discorren o regato de Catapeixe e o río Tea que movían os muiños da Bouza , das Pias (na beira do Tea, pódense ver as paredes das edificacións), da Laxe e outros de propiedade privada que aínda están en funcionamento en Torrados.

   Almacena auga para regadío nas pozas de Paradela, Fofide, Fonte da Igrexa, O Crasto, Penedo do Mouro, Cerdeiriña, Regueiro, Os Camións, O Xeixo, As Xorxas, Sanchamiles e a Bouza que teñen que limparse, tanto presas como a rede de regos e azequias, nas ultimas semanas de xuño.

Está composta polos barrios:

  • Bouza
  • Cabadas
  • Caeiro
  • Costeira
  • Garcias
  • Granxal
  • Igrexa
  • Laxas
  • Portela
  • Redo
  • Souto
  • Torrados
  • Xeixo

Límites:

Festas:


   Herdanza de cultos pagáns, Vilar conserva as tradicionais festas dos solsticios, cristianizadas pola igrexa católica. Así, celebra a entrada da primaveira (S. Xosé), o inicio do verán cunha cacharela no torreiro (S. Xoán), un magosto no outono (S.Martiño) e o invernal nadal. A máis disto acode en peregrinaxe á romería das Pascuillas na Vila da Franqueira, concello da Cañiza. Xa non porta cruz, estandarte e santo pero aínda mantén a costume de ir e voltar a pe.


   Consérvase o rito de misa, procesión, banda e verbena nas festividades de San Xosé e da Nosa Señora do Carme. Coa particularidade de celebrar o Carme o 25 de xullo (Santiago) en lugar do propio 16 por coincidir esta festa coa da veciña vila de Mondariz Balneario. Non é só por non se perder unha festa, senón que ó compartir párroco as dúas poboacións e desprovisto éste do divino don da ubicuidade ten que traslada-la celebración á outra data.


Dotacións e espazos de uso común

Vilasobroso

A parroquia de Vilasobroso atópase ó leste do concello de Mondariz. Ten unha superficie de 5,18 km e unha altitude media de 250 m.A máxima elevación é o monte Landín (ó leste do castelo de Sobroso) cunha altitude de 459 metros.


É percorrido polo río Xabriña, afluente do Tea.

A parroquia está constituida polos seguintes barrios

  • Cruceiro.
  • Pena.
  • Saniñáns.
  • Veigadraga.

Limites

  • Norte: Mondariz e Queimadelos.
  • Este: Queimadelos e Ponteareas (Cumiar)
  • Sur: Ponteareas (Oliveira e Cumiar)
  • Leste: Mondariz Balneario e Ponteareas (Pías)

Festas:

  • Ultimo domingo Agosto: Santa Lucía.
  • 11 Novembro: San Martiño.