jueves, 9 de agosto de 2007

Virxe do Carme



Nosa Señora do Monte Carmelo, referida comúnmente como Virxe do Carme. É unha das diversas advocacións da virxe María. Esta denominación procede do Monte Carmelo, en Israel. Este nome deriva da palabra Karmel ou Al-Karem e podería ser traducido como xardín.



Segundo a tradición, durante a celebración de Pentecostés, algúns fieis que investigaban a vida dos profetas Elías e Eliseo no monte Carmelo, convertéronse ó cristianismo tras a aparición dunha nube na que ía unha imaxe da virxe María. Nese monte fundaron un templo en honor á virxe e a congregación dos Irmáns de Santa María do Monte Carmelo, que pasou a Europa no século XIII despois de seren perseguidos en Terra Santa.

O 16 de xullo de 1251, a imaxe da Virxe do Carme aparecéuselle a San Simón Stock, superior xeral da Orde, á que lle entregou os hábitos e o escapulario, principal símbolo do culto carmelita. Segundo a tradición, a virxe prometeu liberar do purgatorio a tódalas almas que vestisen o escapulario durante toda a vida, no sábado seguinte á morte da persoa e levala ó ceo. Esta crenza foi respaldada polos pontífices. Na iconografía principal da virxe móstrana portando o citado escapulario.

Existen hoxe ordes relixiosas carmelitas, tanto masculinas como femininas, repartidas por todo o mundo que xiran en torno a esta figura mariana.



Celébrase a súa festividade o 16 de xullo. É patrona do mar e da Armada.

Fontes:

http://es.wikipedia.org/wiki/Virgen_del_Carmen

http://www.aciprensa.com/Maria/nsrcarmen/index.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario