San Xosé naceu probablemente en Belén, seu pai chamouse Jacob (Mateo 1, 16) era o terceiro de seis irmáns. A tradición transmitenos a figura do mozo Xosé como un rapaz de moito talento cun temperamento humilde e devoto.
Xosé era un carpinteiro que vivía en Nazaret. Cando tiña arredor de trinta anos foi convocado ó templo polos sacerdotes con outros solteiros da tribu de David. Ofrecéronlle unha pola a cada un e comunicáronlle que a virxe María casaría con aquel a quen lle brotase a pola.“E sairá unha pola da raiz de Jesse, e unha flor sairá da sua raiz” (Is. 11, 1). Só floreceu a pola de Xosé.
>María foi dada a idade de 14 anos en esposa a Xosé, pero seguiu vivindo na casa de seu pai por un ano, tempo requerido polos hebreos entre o casamento e a entrada na casa do esposo. Foi nese lugar onde Maria recibiu o anuncio do anxo e aceptou.
O anxo avisoulle de que Isabel estaba embarazada (Lc 1, 39), polo que lle pediu a xose que a acompañae á casa da súa prima ata Ain Karim en Xudea. Tiveron que facer unha viaxe de 150 km. Permaneceron alí ata o nacemento de Xoan, o bautista.
No regreso de Xudea, María pon ó seu esposo frente a unha maternidade que non pode explicar. Xosé combateu conta a angustia e as sospeita e mesmo pensa en abandonala (Mt. 1, 18) para non condenala en público pois se se consideraba adúltera tería que ser lapidade co seu fillo (Lev. 20, 10; Deum. 22, 22-24).
Un anxo apareceu nos soños de Xosé para disiparlle as dúbidas: “Xosé, fillo de David, non temas recibir a María, túa esposa, porque o fillo que espera é froito do espíritu sando” (Mt. 1,20). Xosé apresurouse na festade entrada da esposa na súa casa.
Un edicto que ordenaba o cendo fai que Xosé e María teñan que partir a Belén, cidade de orixe da dinastía de Xosé. A viaxe foi moi fatigosa polo estado de María, próximo á maternidade.
Naqueles días, Belén estaba cheo de extranxeiros e Xosé buscou nas pousadas un lugar para a súa esposa pero as esperanzas dunha boa acollida frustráronse. María alumbrou o seu fillo nuha gruta no campo de Belén (Lc 2, 7) onde algúns pastores acudiron para visital e axudala (Lc. 2, 16).
A lei de Moisés prescribía que a muller fose considerada impura despois do parto e permanecera segregada 40 días se parira un neno ou 80 se fose nena. Despois tiña que presentarse no templo para ser legalmente purificada e facer un ofrecemento. Se o neno era primoxénito, él pertencía s Deus, segundo a Lei.
Acudiron ó templo para a purificación e ofrecerlle o primoxénito a Deus. No tempo atoparon ó profeta Simeón que lle anunciou a María “unha espada de dor atravesará a túa alma” (Lc. 2,35).
Chegaron os magos de oriente (Mt 2, 2) que buscaban o recién nacido rei dos xudeos. Cando Herodes ten coñecemento diso preocupouse moito poro que tentou saber onde se atopaba para facelo desaparecer.
Os magos atoparon ó neno, adorárono e ofrecéronlle regalos, dando alivio á Sagrada Familia. Cando éstes partiron, un anxo do señor aparecéuselle a Xosé e animouno a fuxir: “Levántate, toma o neo e á nai e fuxe a Exipto. Queda alá ata que che avise, porque Herodes buscará ó neno para matalo (Mt. 2, 13).
Xosé levantouse aquela mesma noite, tomou ó neno maila nai e partiu a Exipto (Mt. 2, 14) para emprender unha viaxe de 500 km. A meirande parte do camiño foi polo deserto, invadido de serpes e moi perigoso por mor dos bandidos. A Sagrada Familia tivo que vivir a penosa experiencia de ser prófuga lonxe da súan terra. Cumpríase así todo o dito polo señor por medio do Profeta (Os XI,1): “Chamei de exipto ó meu fillo” (Mt. 2, 13,15).
Inmediatamente despois da morte de Herodes, o anxo apareceuselle en soños a Xosé e díxolle: “Levántate, toma contigo o neno e maila nai e regresa á erra de Israel, porque sa morreron os que querían matalo neno” (Mt. 2, 19-20). Xosé levantouse e voltaron, pero o enterarse de que Arquéalo, fillo de Herodes, gobernaba Xudea tivo medo de ir alí. Dirixiuse a Galilea conforme un aviso recibido en soños, a un pobo chamado Nazaret. Cómprese así o dito polos profetas: “Chamaranlle nazareno” (Mt. 2, 19-23).
Os membros da Sagrada Familia ían a Xerusalén cada ano pola festa de Pascua. Cando Xesús tiña 12 anos fixeron o mesmo. Pasados os días de festa, emprenderon o camiño de volta pensando que o rapaz ía na comitiva. Cando se decataron de que non estaba con eles, empezaron a buscalo afanosamente e, despois de tres días, atopárono de novo no templo, sentado no medio dos mestres da Lei, escoltándoos e facéndolles preguntas. Os seus pais emocionáronse o velo, a nai díxolle: “Fillo, ¿por qué nos fixeches isto? Teu pai máis eu estabamos moi angustiados mentres te buscabamos” (Lc. 2, 41-48).
Pasaron outros vinte anos de traballo de de sacrificio para Xosé sempre cerca da súa esposa, e morreu pouco antes de que seu fillo escomenzase a predicación. Non asistiu á pasión de Xesús sobre o Gólgota.
Festividade:
Durante o pontificado de Pio IX, en decembro
de 1870 resolveuse declarar ó santo patriarca Xosé como patrono da igrexa
católica e adicarlle a súa festividade o 19 de
marzo.
Fontes:
digilander.libero.it
www.adorasi.com
ec.aciprensa.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario