Igrexa de Vilar.
Igrexa adicada a san Mamede, patrón desta parroquia. Ten inscripción de construcción de 1747. Presenta portada adintelada, recercado de molduras enmarcado con pilastras caixeadas, friso e frontón semicircular partido en exe. Leva espadaña central con doble bano e escaleira exterior. A sacristía está adosada ó norte e está rodeada polo cemiterio.
Cruceiro da igrexa.
O cruceiro presenta basamento de tres escalóns. A columna é poligonal de fuste recto rematado por un capitel composto. Inicia sendo cuadrangular, pero depois volvese octogonal coronándose por un falso capitel con catro lados rectos.O remate superior disponse sobre un capitel rectangular decorado ó igual que a base mediante a disposición de cadrados en distinto grao de relevo e rematados nos cantos con fragmentos de sogas, - este tipo de decoración foi bastante relevante en Galicia durante os últimos anos do século XVIII e principios do XIX. Encontramos representado por un lado da cruz a Cristo Crucificado e polo anverso a Piedade na que a Virxe suxeita no regazo ó seu fillo morto tras descolgalo.
Cruceiro da portela da Vella.
So conserva da primitiva construcción os catro chanzos de pedra. A vara, o capitel e a cruz son modernos feitos de croios de río unidos por cemento. O varal é cuadrangular no seu primeiro tercio e logo rebaixa as arestas. Cóbrese por un capitel sinxelo, de catro lados rectos que soporta unha cruz pequena, rectangular, lisa e sen figuras.
Cruz baixa de Torrados.
Cruz latina lisa e sen figuras de scción octogonal cos extremos dos brazos e testeiro acabados en cadrado. Ten 1,17 m. de altura e embergadura de 78 cm. Ten por base unha rocha que a sustenta a modo de illa no interior dunha poza.
Cruz baixa na igrexa.
Cruz de sección octogonal todo ó longo. Ten unha altura de 1,10 m. e 93 cm. de embergadura. Nace directamente do chan de terra.
Cruz baixa do eido do Conde.
Cruz alta, latina, lisa e sen figuras. Presenta sección octogonal todos ó longo. Ten 1,22 m. de altura e 77 cm. de envergadura. Ten por base unha rocha cuadrangular.
No hay comentarios:
Publicar un comentario