sábado, 28 de julio de 2012

Torneo Balneario


O Torneo de Futbol Sala Senior de Mondariz Balneario disputou unhas apretadísimas semifinais onde quedaron eliminados os equipos 'a priori' favoritos. Así, Utimsal (criticado por ser o equipo da organización) deixou escapar un partido que tivo dominado nos últimos minutos e non foi quen de recuperarse na quenda de penaltis ante Veigadraga. Noraboa a Rubén (Tei) que aguantou os asubíos de certa parte do público e clasificou ó seu equipo cun sobervio gol nos intres finais e cumpriu cos lanzamentos de pena máxima.

Pola súa parte Bar Riveiro impuxo un ritmo de partido que afogou a Polisport dende o inicio da semifinal. Tal vez ese sobre esforzo pagárono no derradeiro encontro.

A final, marcada excesivamente polo cansancio dos equipos, decantouse hacia Veigadraga que parecía un pouquiño máis fresco. Un erro na colocación da barreira nunha falta á frontal da área deulle a Ruben (Tei) a oportunidade de adiantar no marcador a Veigadraga. A partir dese intre Bar Riveiro tentou remontar pero as contras de Veigadraga, na figura de Samu, endosáronlle unha derrota excesiva; vendo a igualdade entre os equipos.

Polo tanto, Veigadraga foi xusto vencedor desta edición 2012 do torneo. ¡ Noraboa Campións !


Torneo Senior FS Mondariz Balneario
Semifinal Final Campion
Veigadraga Veigadraga
Utimsal Veigadraga
Polisport Bar Riveiro
Bar Riveiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario