Servizos:
Definición de pía:
(Sustantivo feminino). Recipiente cóncavo de pedra ou doutro material, para conter líquidos, de diversas formas e tamaños segundo o uso que se lle dá.
Situación:
A praia das Pías está ó suroeste de Vilar no límite coa pontareana parroquia de Fozara. Pódese acceder a esta praia dende a provincial 253 Prado-Pazos dende a parroquia de fozara xiras á dereita cara o barrio de Borraxeiros e seguindo ese desvío ata a zona da piscifactoría onde hai que aparcalo vehículo e baixar a pé ata o río. Tamén se pode chegar pola provincial 440 Mondariz Balneario-Fozara, ó seu paso por Vilar xiramos á esquerda hacia o barrio da Bouza, séguese ese ramal ata chegar á piscifactoría e aparcase por esa zona para baixar a pé ata o río.A praia das Pias é unha das paraxes máis fermosas do río Tea no seu paso por Mondariz. O cauce estréitase ata case que dous metros de ancho pasando no medio dunhas rochas nas que a auga, co paso do tempo escabou numerosas pías e oquedades que dan nome á zona.
A carón da praia están os restos da edificación dun muiño. É visible o canal que conducía a auga dende unha pequena presa nuhna parte máis elevada do río ata o muiño, percorrendo un pequeno tramo da senda do Tea, augas arriba.
A praia, de area fina, dispón dunha pequena poza para o baño. Nesta zona o río ten correntes e remuiños ó estreitar tanto o seu curso entre as rochas.
As correntes, os remuiños, as fochas no leito do río aumentan o risco de afogamento. É unha paraxe de especial beleza pero non é aconsellado guindarse á auga dende as rochas nin mergullarse dado que o fondo de pedra cheo de pías ten fortes correntes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario